Tendencias actuais da lírica, da narrativa, da dramática e da ensaística.
Páxina editada 132 veces. Última modificación: May 7, 2012 4:02 am GMT por - alvarostinson alvarostinson

Caracterización xeral

(Alvaro Tieno editou esta páxina 2011-2012)
A narrativa galega entra nunha nova etapa na que se observa un notable incremento na produción e unha grande diversidade temática.
O incremento na produción narrativa débese á introdución do galego no ensino, á aparición de novas editoriais, proliferación dos premios literarios e publicacións destinadas á crítica literaria (Boletín Galego de Literatura, A trabe de ouro…)
Búscase a novidade temática de cara a complementar unha oferta en galego semellante á doutras linguas normalizadas. A narrativa sociolóxica é substituída polo ensaio ou a crónica; desaparece tamén a narrativa etnográfica ou ruralista até os últimos anos que a volven a reivindicar escritores/as como Lupe Gómez ou Alfonso Eiré. Trataranse temas da actualidade como a corrupción, o narcotráfico, o paro…
Desenvólvense as técnicas empregadas xa con anterioridade, algunhas na Nova Narrativa Galega, como:
- A desaparición do argumento.
- O multiperspectivismo.
- Saltos no tempo.
- Aparición dos personaxes antiheroes.
- O narrador deixa de ser omnisciente.
Desde o punto de vista estilístico e formal, na novela inclúense diferentes tipos de textos (xornalísticos, anuncios…), suprímense os capítulos, mestúranse varias historias…

Tendencias da narrativa dos anos 80 até hoxe.


REALISMO RURALISTA E ETNOGRÁFICO.- Autores de elevada idade como Xosé Fariña Jarmando( a feria de carballiño) ou máis novos como Carlos G. Reigosa (homes de tras da corda)

NARRATIVA MEMORALISTA.- Centrada na Guerra Civil e na posguerra. Ramón de Venezuela (Non agardei por ninguén) (Era tempo de apandar); Silvio Santiago(O silencio redimido); Alonso Ríos dá á luz (O siñor Afranio)

NARRATIVA HISTÓRICA.- Durante os priomeiros anos é patrimonio de Xoán Bernández Vilar.Victor F. Freixantes (O triángulo inscrito na circunferencia); Alfredo Conde (Xa vai griffon no vento)

REALISMO SOCIOLÓXICO.- Nesta liña se inscriben as pimeiras obras de Xavier Alcalá e Alfredo Conde.

NARRATIVA ALEGÓRICO-SOCIAL.- Resultante dunha evolución intelectualista do socioloxismo inicial. Xavier Alcalá(Fábula); Paco Martín(E agora un ceo de lama)

NARRATIVA DE XÉNERO.- Resultado das experiencias avanzadas de Xosé Fernández Ferreiro, que ensaia nestas datas o western e a ciencia ficción. Con todo, as propostas deste tipo non encontran o respaldo definitivo até a publicación a finais deste período de Crime en Compostela(Carlos G. Reigosa)

NARRATIVA RENOVADORA E EXPERIMENTAL.- Podemos considerar rupturistas no momento de se publicaren as propostas de Carlos Casares (Xoguetes pra un tempo perdido), así como en liñas xerais as sucesivas entregas de X. I. Taibo.

Principais autores e obras.



Darío Xohán Cabana




Darío_Xohán_Cabana.jpegDarío Xohán Cabana naceu en Roás (Terra Chá, Lugo) en 1952. Este hosme polifacético (narrador, poeta, tradutor, filólogo, historiador, etc) é fillo de labradores pobres de esquerdas. Cursou o bacharelato en Lugo.

En 1970 marchou a Vigo, onde trabou amizade con Xosé María Álvarez Blázquez e traballou con el nas Edicións Castrelos. No 1975 voltou a Lugo, onde botou catro anos a traballar como vendedor de libros a domicilio. En 1983 marchou a Corcubión catro anos traballando como garda . Voltou outra vez a Lugo como funcionario. Dende o 1968, milita na Esquerda Nacionalista.
Despois dunha longa traxectoria poética dedicouse á narrativa. Desde o 1984 dedicouse
intensamente a traducir obras de poetas italianos. Actualmente colabora bastante coa
prensa, fai diariamente crucigramas para "La Voz de Galicia". Desde o 2006 é académico
da Real Academia Galega. Recibiu multitude de premios e recoñecementos entre os que
se encontra a Medalla de Ouro da Cidade de Florencia pola súa tradución da Divina
Comedia de Dante ao galego.

Cómpre mencionar as seguintes obras narrativas:

  • Noticias dunha aldea, ( 1973)
  • O quiquiriquí e outras narracións, (1983)
  • Galván en Saor ,(1989, premio Xerais) (mais de 40000 exemplares vendidos
    9788497823289.gif
    Galván en Saor
  • As aventuras de Breogán Folgueira, (1990)
  • Fortunato de Trasmundi, (1990)
  • libro dos moradores, (1990)
  • Cabaleiro Negro, (1992)
  • Vidas Senlleiras, (1992)
  • Cándido Branco, (1992)
  • O cervo na torre, ( Premio Xerais de Novela 1994)
  • Relato contemporáneo, (1995)
  • Unha liña no ceo, (1996) (obra colectiva).
  • Morte de Rei, (1996)
  • O cerco de ferro, (1999).
  • Narradio, (2003)
  • Mitos e memorias, ( 2003)
  • A chegada a Lugo do primeiro tren (Concello de Lugo, 2005).


LITERATURA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL.
  • As aventuras de Breogán Folgueira, (1990)
  • Os contos da campaña, (1992)
  • As viaxes do príncipe azul, (1992)
  • O avión de Cangas, (1992)
  • O castrón de ouro, (1993, premio Barco de Vapor)
  • O milagre das estrelas, (1993)
  • Chucho Cacho, (1994)
  • Inés e a cadela sabia ( 2000).
  • Dende o Himalaia a Ceilán, (2004).


Suso de Toro

(Alba Longueira)
(Pilar: 1ª revisión)(Iago Castro: 2ª revisión)
(Rocio Mañana revisará este autor)
( Noemi Vázquez López revisará este apartado 2010_2011)

Suso_de_Toro.jpg
Suso de Toro

Xesús Miguel de Toro naceu no 1956 en terras de Santiago de Compostela, onde cursou estudos de Arte Moderno e Contemporaneo. Con 26 anos iniciou a súa obra, obra que igual que a sua persoa está moi ligada a causa galega, levando a cabo unha intensa actividade política tras a desgraza do prestige. A súa persoalidade caracterízase por un halo de misterio e destaca un extraordinario manexo da linguaxe.
Ao longo da súa vida publicou en lingua galega máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio, que serán traducidos a numerosas linguas.
Durante estes últimos anos, ven traballando como profesor, guionista de televisión e colaborador con prensa e radio, aínda que ultimamente intensificou a súa colaboración na prensa galega e estatal.
Recibirá numerosos premios pola súa obra como o Premio da Crítica de Galicia por Tic-Tac, o Premio da Crítica española por Polaroid e Non volvas, e por último o mais importante, o Premio Nacional de Narrativa por Trece badaladas.
A súa obra é moi estensa.
A súa narrativa está composta por numerosas obras como:
Ambulancia( 1993), que trata da fuxida por parte de dous delincuentes, da xustiza.
Calzados Lola(1997 ), no que un heroe e unha heroina teñen que percorrer un camiño, a traves do coñecemento da súa historia familiar, este camiño o recorrerán co fín de coñecerse a eles mesmos, de saber quen son eles en realidade.

En canto as súas obras podemos falar de Ensaio: Camilo Nogueira e outras voces (1991), A carreira do salmón (2004), Españoles todos (2004), A canción do pirata (1991), La flecha amarilla : El camino hacia Santiago (1998), Nunca máis Galiza á imtemperie (2002), cultura celta (2000), Parado na tormenta(1996), Servicio de Urxencias (2002), Ten que Doer: Literatura e identidade (2000).
En canto ao xénero da novela temos: Ambulancia (1993), Calzados Lola(1997), Caixón desastre (1991), Círculo: Da materia dos soños (1998), Cuenta saldada (1997), Eterno retorno (1996),Land Rover (1990), Miles de Castromiles (1992),Morgún: Lobo máxico (2003), No vuelvas (2000), Polaroid (1986), Unha pouca conza ( 1992), Sombra Cazadora (1998), Tic-Tac (1996),Trece Badaladas (2002).No xénero teatral atopámonos: Unha rosa é unha rosa (1997) e tamen cabe destacar aquelas obras que realizou con axudas ,as cales foron: Cartas de Inverno (1995) e Berra Liberdade (1996).Tamen Suso de Toros deleitounos con fabulosos artigos como: Enfermidade e o amor (1996), El ciudadano ante el museo (2001-2002),As cousas da razón (1993),Dificultades para as literaturas nacionais(1997), El frio que quema (1998), Un gallego en la corte del rey Arturo (1997), Insomne (2001), Literatura al aire libre (1997), Mecánica popular:Das Kapital (1991), Mi mentira mágica.Escribir en gallego (1995), Novedad no es originalidad (1996), Policía,psiquiatra y cura (1996), Ain sobre tras Carlos Casares (2002),
O príncipe manco (2004).

Imos agora enunciar obras de grande importancia na súa obra como:
Sombra cazadora (1998 ), na que dous irmans, os cales viven apartados da civilización, marchan a vivir a un mundo no que a tecnoloxía controla a vida.
Trece badaladas (2002 ), obra na que se conta a monotona vida dunha guionista ata que se entrevista co director dunha produtora co fin de venderlle un proxecto cinematográfico baseado nunha lenda compostelá. A sombra dun mal pousarase enriba de ambos cando o productor se dé de conta de que o argumento da historia é case igual que a súa propia vida. Unha adaptación de esta obra será levada ao cine.
Home sen nome (2006 ), nesta obra aparecerá un xove, Nano, que encamado na cama dun hospital, tera que acompañar a un vello sen nome nos seus últimos días de vida. Este vello confesará todo o que fixo na súa centenaria vida, incluíndo nestas vivencias, os numerosos fusilamentos, torturas e violacións nas que participou.
sete_palabras.jpg
Actualmente o último libro publicado por Suso de Toro é Sete palabras (2009), ainda que tamen ten outra novela titulada Unha rosa é unha rosa (unha comedia de medo).

Apesares de ser un autor fabuloso e que escribiu numerosas obras neste momento, Suso de Toro comunicou que vai volver a ensinanza deixando de dedicarse profesionalmente a escritura, ó cal non quere dicir que deixe de escribir.


Manuel Rivas

(Leticia Reboredo revisará este autor. 2010/2011)
external image 20101003124638-2126754633-manuel-rivas-recrea-nueva-novela-momento-galicia-pudo-sicilia.jpg
Manuel Rivas é un escritor nado en 1957 no barrio coruñes de Montealto. Realizou os seus estudos secundarios no IES Monelos e posteriormente Ciencias da Información en Madrid.
Nos seus 53 anos é autor de numerosas obras que abranguen todos os xéneros literarios.
Actualmente exerce o periodismo, atividade na que se adentrou xa con quince anos,dende o diario El País
Este galego ilustre está fortemente comprometido co seu país, xa que ocupou cargos diretivos dentro de Greenpeace en España e tamén participou na creación da plataforma Nunca Maís.
Manuel Rivas é o escritor galego con maior proxeción editorial e mediatica na atualidade.
A obra narrativa de Manuel Rivas se iniciará coa obra dirixida ao público infantil, Todo Ben, aínda que esta non lle traería o éxito, éxito que si lle chegaría con Un millón de vacas, un libro que demostra un inusual dominio da técnina do xénero e unha sabia combinación de humorexternal image underlined.png?1external image underlined.png?1 e lirismo. Estes elementos serán constantes na súa obra.
Nos seus seguintes libros de relatos ¿Que me queres amor? e Ela, maldita alma tamén aparecerán estes elementos. Un dos relatos da primeira destas obras será levada ao cine, " La lengua de lasexternal image underlined.png?1 mariposas" en 1999.
A súa primeira novela titúlase Os comedores de patacas(1991), onde consolidará a Galiza coma un espazo de síntese
entre o rural e o urbano, que darán lugar a unha mentalidade e uns comportamentos simbióticos.
Na súa segunda novela, En salvaxe compaña(1993) incorporará o mito popular a través de dialogos con animais e a
mitoloxía culta.
En 1998 publicará O lapis do carpinteiro, que recrea unha historia de amor ambientada na época da Guerra Civil, e
que será levada ao cine en 2002 por Antón Reixa.
As últimas obras da súa narrativa son: A manexternal image underlined.png?1 dos paíños(2001), As chamadas perdidas(2002), Muller no baño(2003), O
heroe(2006) e Contos dun inverno(2006). Tamén escribiu Os libros arden mal (2006) un libro de relatos basado na Guerra Civil ou mellor dito na Posguerra de Galicia.

Recentemente ven de publicar o seu último libro Todo é silencio (2010) narra o proceso do contrabando de tabaco ao narcotráfico que viviu Galicia nas últimas décadas. O propio autor definiu a obra como "un esperpento da serie negra" debido a que é unha obra auto-paródica e contén unha ironía sobre a propia serie negra.

Unha entrevista feita a Manuel

Xosé Miranda.

(María Carballo González)(Sergio Vázquez editara este autor)

xose_miranda.jpg
Xosé Miranda
Este escritor galego naceu en Lugo no ano 1955. Licenciouse en Bioloxía na Universidade de Compostela, en 1978. Actualmente é profesor de Bioloxía e Xeoloxía no instituto Xoán Montes da súa cidade natal. No ano 1988 comenzou a escribir prosa, relatos e novelas para adultos. Deste xeito, consegue no 1988 e 1989 o premio de relatos breves Modesto R. Figueirido. Xá em 1990 acada o premio Manuel García Barros por historia de um paraguas azul (1991), unha novela de impronta cunqueriana que suscitou um grande interesse entre a crítica. Despois publicou a colección de relatos A biblioteca da iguana (1994) e, en 1999, coa novela Morning Starexternal image underlined.png?1external image underlined.png?1 obtivo o premio Xerais.


É especialista en mitoloxía popular e literatura de transmisión oral. Xunto a Antonioexternal image underlined.png?1external image underlined.png?1 Reigosa e Xoán R. Cuba publicou moitos libros de contos populares galegos, dirixidos a un público infantil, reunidos na colección “Cabalo buligán”, da que é codirector. A esta liña pertence o Diccionario dos seres míticos galegos (1999), a Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Cando os animais falaban (2002), Contos colorados. Narracións eróticas de tradición oral (2001), Arrepios e outros medos. Lendas de Galicia (Xerais, 2004), A flor da auga (2006), etc.
Entre os libros dirixidos a un público novo poden citarse Lua e os nubeiros (2000), O coello Federico e os morodos (2000), Feitizo (2001), Ariadna (2002), Pel de lobo (Premio Merín, 2002), Álvaro e Álvaro (2004), Amâncio amigo e o meigo de Salamanca (2006), etc.

Xosé Miranda adícase, ademais da narrativa, tamén á poesia, xenero no que se insiren os libros Amantes e viaxeiros (1996, Premio Eusébio Lorenzo Baleirón), Sonetosfera (1996), Carozo azul (1996) e Permiso para o corso(1997, Premio Esquio), As cidades mergulladas. Poesia reunida 1973-2002 (Xerais, 2003), Capitan dos teus ollos (Espiral Maior, 2005) e Piratas pólo Miño Tambre, 2006).
Como pode apreciarse, cultivou, e segue a facelo, xéneros moi concretos coma o policiaco en As tres bandas (1995) mais na meirande parte da súa obra advírtese un especial interesse pólo conto marabilloso, pólo de medo e póla súa mitoloxía, ca introducíon de seres e lendas mitolóxicas nos seus relatos.
O autor recolle neste volume algúns dos seus mellores relatos de medo e terror. A dexeneración e rexeneración dos corpos, as vellas tradicións naturistas, os labirintos de ocultismo, o home peixe... son algúns dos temas destes contos cheos de intriga que meten ao lector dentro de cada un dos relatos e dificilmente o deixa fuxir.

Séchu Sende.

(Antia Blanco revisará este autor.2010-2011)

external image 1182413493Sechu_Sende.jpgXosé Luís González Sende, mais coñecido como Sechu Sende, naceu en Padrón no ano 1972 .É licenciado en Filoloxía galego-portuguesa e é profesor de Lingua Galega no ensino medio. Tamén organiza e participa nunha morea de actividades relacionadas coas plataformas Burla Negra e Nunca Mais. Iniciouse como poeta vencellado ao Colectivo Poético Serán Vencello,pasando a formar parte da xeración dos 90,e mais tarde deuse a coñecer como narrador do século XXI.
Foi tamén un dos fundadores da editorial Letras de Cal, na que e
n 1998 publica a súa primeira obra chamada Odiseas,un conxunto de textos,algúns en verso e outros en prosa,con temas como a liberdade, o amor ou o compromiso.
made_in_galiza_werbG.jpg
No ano 2003 gaña o premio Blanco Amor co libro Orixeo cal é un claro retrato das inquedanzas e preocupacións da nosa xeración e dos problemas que atormentan os países desenvolvidos do século XXI. Publica no ano 2007external image underlined.png?1external image underlined.png?1 o seu conxunto de relatos curtos titulado Made in Galiza,
polo cal recibiu o premio Anxel Casal ao mellor libro do ano.A súa ultima obra,Animais,foi publicada no ano 2010external image underlined.png?1external image underlined.png?1;tratase dun conxunto de textos que forman un himno a vida natural e unha denuncia do progreso mal entendido,utilizando a ironía, o humor ou o surrealismo.
Como curiosidade cabe salientar a súa laborexternal image underlined.png?1external image underlined.png?1 como domador de pulgas no Galiza Pulgas Circus.
Sechu ten un blog particular que podes visitar: http://blogoteca.com/madeingaliza/



external image moz-screenshot-1.png
external image moz-screenshot.png

Xelís de Toro

(Yago Barcia)
(Rebeca Lendoiro revisou este apartado)
(Brais Varela revisou este apartado)
(Este apartado está sendo revisado por Miriam Louro 2010/2011)
vf1xelisdetoro.jpg
Xelís de Toro
Xelís de Toro naceu en Santiago de Compostela en 1962. A parte do seu labor literario é un "artista multimedia". En canto aos seus estudos, é licenciado en Filoloxía Galega e foi lector de galego nas universidades de Birmingham do 1991 ao 1993 e de Oxford do 1993 ao 1997. É de destacar que en 1990 fundou Edicións Positivas xunto con Franciscoexternal image underlined.png?1external image underlined.png?1 Macias. Tamén tivoexternal image underlined.png?1external image underlined.png?1 a súa faceta de cantante no grupo os Quinindiolas. Hoxe en día é colaborador habitual de Vieiros e vive en Inglaterra, onde traballa como editor internacional independente.
As súas obras narrativas son Seis cordas e un corazón, que é a súa primeira obra e foi publicada baixo o pseudónimo de Roque Morteiro e pode incluirse no xénero da novela negra onde hai unha intensa presenza de droga,sexoexternal image underlined.png?1external image underlined.png?1... esta obra obtivo en 1989 o premio Consorcio de Santiago de novela negra . Non hai misericordia, obra incluída no conxunto denominado narrativa experimentalista. Esta obra trata distintos temas pero cun protagonista común:a violencia. En canto á súa forma, está dividida en varios contos relacionados entre si, que son comentados por distintas persoas a través dun programa de radio.Ademais esta obra recibiu o premio Ciudad de Lugo.Os saltimbanquis no paraíso con esta obra Xelís de Toro gañou o premio 'San Clemente de lectores novos' na súa IV edición, na
modalidade de novela galega.
Outras obras narrativas de Xelís de Toro son A máquina contacontos, A silla de papá, , Terminal, The corunna boatsexternal image underlined.png?1external image underlined.png?1, participou en Longa lingua e a súa última obra é Riofero, do ano 2009.
Obras enmarcadas na literatura infantil e xuvenil son A porta dourada, O neno perdido, O trompetista e a lúa, Paco Peco pequeneiro e o lagarteiro miope e Paco pequeneiro e o mundo do revés.
Na actualidade Xelís de Toro é colaborador dun diario de Internetexternal image underlined.png?1external image underlined.png?1 editado en galego e vive en Inglaterra onde é autónomo.
O seu irmán chamado Suso de Toro tamén desempeña a mesma faceta de escritor.


Francisco X. Fernández Naval

(Jose Luís editará este autor)
(David Ramos)
(Este apartado foi revisado por Brais Varela)

naval.jpg
Fernández Naval
Naceu en Ourense no 1956. O mundo do cine formou parte da súa infancia, desde moi pequeno visionou películas no cine onde traballaba seu pai. Cursou COU e solicitou unha bolsa para estudar xornalismo en Madrid, pero veulle denegada. Ofrecéuselle estudar unha oposición á administración, facerse mestre ou procurar un emprego nun banco. Elixiu a función pública.

Funcionario desde os 18 anos, defínese como un ''mercenario
da administración''. Comezou escribindo poemas e pezas teatrais,
na narrativa atopa o mellor lugar para expresar o que quería
comunicar, aínda que nunca deixou de escribir versos. É licenciado
en Filosofía e Ciencias da Educación e na actualidade traballa como
funcionario do Corpo Superior da Xunta de Galicia.

OBRAS

+ O bosque das antas, 1988
+ Tempo de crepúsculo 1993
+ Sombras no labirinto, 1997
+ Sete noites e un amancer, 2003
+ Unha cita co aire, 2005
+ Para seguir bailando, 2009

Fernández Naval ten unha páxina webexternal image underlined.png?1 propia que podedes visitar en
http://www.fernandeznaval.com/portal/

Rosa Aneiros


Jacobo Fariña e Sara Armesto (2011).

IMG025.jpg
Sara e Jacobo con Rosa Aneiros no IES David Buján (Xaneiro, 2011)
Rosa Aneiros naceu en Taraza, Meirás-Valdoviño no ano 1976 estudou Ciencias da información na Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela onde se licenciou. Foi profesora de Métodos e Técnicas de investigación en Comunicación Social na Facultade de Humanidades da USC. Ademais formou parte da xunta directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, do consello editorial da colección Abismos de Xerais e colaborou en distintos medios de comunicación impresos e dixitais.
Na actualidade traballa no Consello da Cultura Galega.
A súa obra literaria está composta por Eu de maior Quero ser (1999), Corazóns amolecidos en salitre (2001), Resistencia (2002), outra das súas obras na que narra a historia política e social de Portugal desde diferentes personaxes. O xardín da media lúa (2004), Veu visitarme o mar (2007), Ás de bolboreta (2009) e Sol de Inverno (2009), que recibiron premios como o Premio Xerais ou o Premio Galaxia.
Ademais publicou numerosos relatos breves en volumes colectivos e artigos xornalísticos e literarios recollidos en Agardando as lagarteiras e Ao pé do abismo.
A calidade da súa obra literaria vese recoñecida grazas a premios como o Modesto Rodríguez Figueiredo, o Manuel Murguía, o Carvalho Calero ou o Premio da Crítica Losada Diéguez.h