Tendencias actuais da lírica, da narrativa, da dramática e da ensaística.
Páxina editada 212 veces. Última modificación: May 3, 2013 1:04 pm GMT por - Blanca5 Blanca5

A década dos 80: caracterización.


De 1975 a 1990:
Nos anos 70 a poesía predominante era a poesía social (Celso Emilio Ferreiro).
O 75 é un ano fundamental xa que supón o fin da ditadura coa morte do xeneral Franco.
Con este acontecemento iniciase un período de reformas políticas e sociais (redactase unha nova constitución(1978) , crease a Xunta de Galicia(1981), promulgase a lei de normalización lingüística(1983)..) e entrouse nun novo proceso caracterizado pola recuperación das libertades democráticas e a posibilidade de autogoberno.
Tres obras fundamentais abren unha nova etapa poética que camiña paralela á incipiente creación dun estado democrático: en 1976 con Pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín, Mesteres de Arcadio López Casanova e, en 1980 Herba aquí e acolá de Álvaro Cunqueiro.
Estes libros representan a superación dunha poesía de compromiso cualificada na década dos 80 como monótona e coloquial, a favor dunha nova maneira de facer poemas buscando unha poesía estética e universal que entroncase coa nosa tradición poética (particularmente coa poesía medieval, celta e vangardista) e que ao mesmo tempo fose europea e non particularizase en temas exclusivamente galegos.

Características da poesía dos anos 80:

Preocupación estilística.
Utilización de recursos retóricos e gran calidade estilística.
Simbolismo e mitoloxía.
Os mitos e os símbolos contribúen a crear unha linguaxe pouco accesible.
Variedade temática.
Centrada principalmente na invocación da Terra, na meditación sobre a morte e o tempo, na infancia como patria perdida do home, no intimismo amoroso e no erotismo frecuente agora na poesía dos 80.
Existencialismo.
Derivado da dor e da angustia que padece o poeta no intento de recuperar o tempo pasado. Trátase cun ton elexíaco e saudosista
O culturalismo.
Omnipresenza de referencias místicas, históricas, literarias ou artísticas nun poema.
Incipiente poesía experimenteal.
Técnica do colaxe textual, próxima ó vangardismo poético. Os autores destruen o concepto tradicional de estrofa, para crearen versos sen rima con rupturas sintácticas, caligramas, etc. Dentro deste apartado tamén entra o culturalismo.
Afán de escritura conxunta.
Con intención de que os escritores se dean a coñecer. Isto provocou a edición de revistas (Loia e Dorna) e a constitución de colectivos e de grupos poéticos.
O marco espacial é urbano , raramente aparece o rural.

Grupos e colectivos poéticos:

Alén

(Isabel Pérez)
(Uxía Meijide editou este apartado)
Tratábase dun colectivo poético,que xunto con Cravo Fondo,Loia e Rompente deuse a coñecer nos últimos anos dos 70.Naceu cun afán de innovación.
Todos eles abarcaban múltiples tendencias, dende a innovación lingüística ata o radicalismo estético, pasando, como é o caso de Rompente, por una dixestión definitiva para a poesía galega das vanguardias e por unha actividade programática que deu como froito o manifesto poético Fóra as vosas suxas mans de Manuel Antonio, reivindicativo da figura de Manuel Antonio, admirado pola súa actitude inconformista e a súa estética innovadora.
Fundado en Compostela por Miguel A. Mato, Francisco Salinas Portugal e Xosé Ramón Pena...(e cun libro colectivo co mesmo nome do grupo). Influidos pola poesía urbana e a música rock.Empregaron a poesía reintegracionista.Foi efémero.

Cravo Fondo

(Laura Gantes)
(1977) Formaban parte Xesús e Xulio Valcárcel , Xesús Rábade Paredes , Ramiro Fonte , Helena Villar , Fiz Vergara Vilariño e Xabier Rodríguez Barrio. Intentan renovar a poesía galega en todo aquilo que configure a obra literaria , a investigación idiomática , as novas temáticas , a necesaria calidade estética , sen esquecer por iso as referencias ao poeta como testemuña da sociedade na que vive.
Este grupo santiagués manifestará unha clara conciencia social seguida dunha transición cara as novas preocupacións intimistas.
Un dos principais animadores do colectivo será Ramiro Fonte (Pontedeume 1957, Barcelona 2008), cun característico coidado formal e protagonismo de referencias culturalistas que van ir pasando a segundo plano durante a súa evolución, é autor de grandes obras poéticas como De signium, Adeus norte ou O cazador de libros.
Na década dos 80 aparecen vencellados a Cravo Fondo nomes coma o de Xesús Rábade, que se iniciará moi cedo na poesía socialrealista e que se irá orientando cara unha vía moi personal onde terán un grande protagonismo os temas da terra e da muller, escibe, entre outras obras, O sangue na paisaxe e No aló de nós(nas que comparte creación lírica con Helena Villar, tamén relacionada co grupo), ou voces como as de Xavier Rodríguez Barrio, cunha densa producción poética de grande calidade iniciada nunha liña socialrealista pero que ensaiará nos 80 diversas vías renovadoras, son algunhas das súas obras Herdo e alucinación en fisterra, Véspera do día ou Torre para os días, ou a de Xesús Valcárcel, o que pode describirse coma unha viaxe cara o coñecemento.

Rompente

(Isabel Pérez)
(Pendente de revisión)
Apareceu en Vigo en 1976. Estaba formado por Alberto Avendaño , Manuel Romón , Antón Reixa e Alfonso Pexegueiro todos eles nados a partir da segunda metade dos anos 40 e todo ao longo dos 50.É un dos grupos máis rupturistas (de ahí o seu nome) e vangardistas , influído polo futurismo ,o pop-art , e polo medio urbano.
Son especialmente reivindicativos, están influenciados polas fontes literarias de Europa e de América e manteñen a tradición poética autóctona.
Xa nos últimos anos dos 70 danse a coñecer no seo de diversos colectivos poéticos como Cravo Fondo, Loia, Alén e Rompente.
Ao amparo deste grupo aparecen moitas obras entre as que cabe sinalar as colectivas:
-Silabario da turbina : Un libro moi provocador, rupturista e reinvindicativo da vangarda e a contracultura.
-¡Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio!
-A dama que fala.
-Tres tristes tigres.
Tamén aparece Con pólvora e magnolias, novela moi importante de Xosé Luís Méndez Ferrín (1976) e distribuénse as Follas de Resistencia Poética que é un libro con poemas anónimos ciclostilados.
Finalmente o grupo desfaise en 1983.
Cabe destacar que en 1998Xerais” publica Upalás, unha antoloxía do grupo poético, realizada por Iris Cochón e Helena González.

Enlace de interese: Rompente en culturagalega.org

Ronseltz


(Fátima e Yolanda editaron exitosamente este apartado)

Ronselt_Html_html_m71c59938.jpg
Ronseltz
O grupo de poetas Ronseltz formárono na Coruña no 1985 un grupo de estudantes de Filoloxía residentes no Colexio Universitario da Coruña. Os nomes dos integrantes do grupo son: Xabier Cordal, Manolo Cortés, Serxio Iglesias, Miguel Montes (Miki Nervio) e Xoán Carlos Rodríguez.
O grupo chamouse Ronseltz en honor á revista vangardista Ronsel que se publicou durante os anos 20; pero tamén en honor do cóctel de ron con sifón.

As armas deste colectivo foron a poesía, o humor e a irreverencia; e segundo a opinión da crítica literaria Chus Nogueira aRonseltz caracterizouno a ironía e a desacralización ou tamén o xeito de ler os clásicos sen prexuízos; que en ocasións resultaba ferinte ou provocador; xa que dun xeito era como baixar a poesía dos altares.
As vangardas tiveron grande influencia neles; pero non foi o único que influíu senón que tamén lían a Ibáñez; narrativa americana e escoitaban blues. Con respecto a isto X. Carlos Rodríguez di que unha boa definición sería que Ronseltz conxugaba a Eric Clapton con Avelino Cachafeiro.

O seu cabalo de batalla foron os recitais que presentaban unha grande influencia das vangardas; en especial do dadaísmo e que estaban basadas na improvisación segundo contan os propios membros do grupo.

Segundo compila Serxio Iglesias a escolma final do traballo do grupo foron tres tres revistas con manifestos e entre cincuenta e sesenta recitais. No 1994 a editoria Edicións Positivas publicoulles o seu primeiro libro titulado Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados.


De amor e desamor


(Yolanda e Fátima editaron exitosamente este apartado)


De amor e desamor foi un grupo formado por poetas coruñeses nos anos 80 que se deron a coñecer pola edición das antoloxías De amor e desamor I e II.
Este grupo caracterízase polo predominio do elemento substancial ou existencial sobre o formal. De amor e desamor avoga por unha lírica preocupada pola linguaxe culta.
Os nomes vencellados as este grupo son os de:
Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, M. Mato Fondo, Xulio López Valcárcel, Manuel Rivas, F. Salinas Portugal, Lois Pereiro, Lino Braxe e Xosé Devesa,

Principais autores e obras.


Poetas da promoción dos 80:

Xavier Rodríguez Baixeiras.

(Sergio_lp)
(editado por Marta Nine Tomé)
XRBaixeras.jpg
X. Rodríguez Baixeras
Nace en Tarragona. O seu pai, secretario de administración local, exercía na Pobra do Caramiñal, a súa nai era catalana. Marcha máis adiante a Ribadea coa súa familia, onde fai os seus estudos primarios. En 1957 trasládanse a Segovia ao ser nomeado o pai secretario da Deputación. Alí estuda o bacharelato. Licénciase en Filoloxía Románica na Universidade de Madrid.Alí retoma o contacto con Galicia, coñece a Reimundo Patiño, o último dos Brais Pinto en Madrid. En 1970 trasládase novamente coa familia á Coruña, onde comeza a impartir clases no instituto Ramón Puga. Ao aprobar as oposicións obtén praza en Palma de Mallorca, onde vive tres anos. En 1977 trasládase a Vigo onde entra en contacto con escritores e xente da cultura, e comeza a escribir libros en galego e a súa actividade como tradutor.
A obra poetica de Xavier Rodríguez Baixeras sitúase na liña do formalismo, entendido este como preocupación dominante polo proceso de configuración do texto e a súa elaboración técnica. Os primeiros poemarios, “Fentos no mar” (1981) e “Lembranzas do areal” (1981, están presididos pola presencia do soneto. A memoria que arquiva e ordena as vivencias, a suadade do tempo pasado, a inquietude, tentan amosar en palabras do propio autor o <<desexo de aferrarse ao mundo, de permanecer>>.
Con posterioridade escribe "Anos de viaxe"(1987) que obtivo o Premio da Crítica española, que inclúe a súa obra anterior ("Lembranza do areal") máis "Os celestes faiados" e "A gándara da noite" na cal construe unha breve epopea con Galiza ao fondo. En “Visitantes” (1991), xunto coa perfección formal de oitavas reais, tercetos encadeados e sonetos, agroma emoción que provoca a evocación paisaxisticas e a memoria familiar, aprehendidas polo poeta por medio da beleza da palabra, elemento nuclear do seu discurso. É a súa unha poética que en palabras de Manuel Forcadela sintetiza <<o clasicismo e o romanticismo até hoxe antagónicos, un clasicismo, diríamos, ecléctico>>. “Nadador” continúa a súa pulcra elaboración formal e en “Beira norte” (1997) prodúcese un abandono da contención clasicista, abrindo paso ao narrativo, ao descriptivo e a certa expresividade surreal, en versos nos que desabrocha unha soidade matálica.
Tamén traduce ao galego a autores italianos e cataláns, e a autores galegos ao castelán e ao catalán.
"Flanagan de luxe" e "Alfagann é Flanagan" (Andreu Martín e Jaume Ribera, 1994 e 1996 respectivamente).
"O oficio de vivir" (Cesare Pavese, 2006)

Alfonso Pexegueiro.

(Lucía Barbeito Campos)
(Alejandro Gesto revisará este apartado moi fácil)
1157114749Alfonso_Pexegueiro.jpg
Alfonso Pexegueiro
Vida
Alfonso Pexegueiro naceu o 19 de abril de 1948 en Angoares-Ponteareas, Pontevedra. Iniciou a súa actividade literaria en Galicia no ano 1975 en colaboracion co Grupo de Comunicación Poética “Rompente”. Entre 1976 e 1978 traballou como redactor da revista infantil e xuvenil Vagalume. Foi membro fundador xunto con outros escritores da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 1980, sendo o seu secretario ata xuño de 1985. Neste lustro que foi secretario da AELG coordinou a revista escrita e impulsou o I Congreso de Escritores en Lingua Galega, así como o GALEUSCA, que consiste en diferentes encontros antre escritores éuskaros, cataláns e galegos. Tamén colaborou na prensa con artigos de opiñón, e sobre arte e literatura. Actualmente reside na Galiza.
En 1997 participou no Festival Internacional do Teatro Grec de Barcelona con Blasfemias de silencio: unha antoloxía de poemas levados á escena e recitados pola actriz Lina Lambert mais polo autor, acompañados pola arpista da Orquestra Sinfónica de Barcelona Magdalena Barrera, con dirección de Teresa Vilardell.



Obras do autor:

  • Seraogna. Rompente. Pontevedra. Xerais, 1976. Vigo
  • Mar e naufraxio. Cíes. Pontevedra, 1978. Premio da Crítica Galicia 1978.
  • Círculos de auga. Madrid. Akal, 1979
  • Relatos para salferir. Xerais. Vigo, 1981. Llibres del Mall, 1985, co título El Desert de Nabalpam. Co mesmo título, Espiral Maior, 2003.
  • O pabellón das hortensias azuis. Edición de autor. Vigo, 1983.
  • A illa das mulleres loucas. Barcelona: Llibres del Mall,edición bilingüe catalán-galego, 1984, e castelán-galego, 1986. (Beca do Ministerio de Cultura, 1981). Galaxia, 2004; esta edición leva un CD, música de Anxo Pintos (Zanfona) e Quico Comesaña (arpa).
  • Fantasía (extracto) del jefe de los lagartos. Carpeta en serigrafía co pintor José Freixanes, 1988. Barcelona.
  • Desatinos dun maldito. Xerais. Vigo, 1991.
  • El lago de las garzas azules. Lumen. Barcelona, 1994.
  • ¿Serán os cisnes que volven? . Xerais. Vigo, 1995
  • Hipatia. Vigo. Xerais, 1998.
  • Blasfemias de silencio (inclúe: Círculos de auga,1979; Mar e naufraxio,1978; O pabellón deas hortensias azuis,1983; ¿Serán los cisnes que vuelven?,1995; O reiseñor dos Balcáns,1999). Xerais, 2000.
  • Dados blancos. Caballo de Troya. Mondadori. Madrid, 2004.
  • O lago das garzas azuis (Conto de Europa, Nenos de África). Xerais. Vigo, 2005. Este libro vai ilustrado con debuxos do pintor Xosé Freixanes
.

Manuel Vilanova.

(Lucía Barbeito Campos)
(1ª revisión: Iago Castro)

BIOGRAFÍA
Manuel Vilanova naceu en Barbantes, Ourense, en 1944. O corazón do Ribeiro do Miño. Estudou Filoloxía Románica en Compostela, onde fixo a súa memoria de licenciatura sobre "La evolución de la poesía de Rafael Alberti". É doutor pola Universidade Complutense coa tese "La soledad en la poesía de Luís Cernuda". Catedrático de Ensino Medio de Lingua e Literatura Españolas, exerce en Vigo. Publicou o seu primeiro libro de poemas, Mejor el fuego (Fablas Ediciones, Las Palmas de Gran Canaria), en 1972. Na mesma editorial, en 1977, publica El cazador de días. Eduardo Blanco-Amor pensaba que era este libro un dos quince mellores que tiña lido. A súa primeira obra en galego é un longo poemario, unha elexía (A tarde chea de verán, Editorial Mogor) dedicada ao poeta Celso Emilio Ferreiro. E direivos eu do mister das cobras (Editorial "La Región", Ourense, 1980) ten sido considerado por Álvaro Cunqueiro, Varela Jácome, Fernández del Riego, Xosé Mª Álvarez Blázquez e moitos outros, como o poemario máis anovador da lírica galega contemporánea. En 1985 sairá do prelo un novo libro de poemas en galego co título de A lenda das árbores de prata (Ediciones NOS, A Coruña) que recibiu o Premio da Crítica Galega. Arcadio López-Casanova considera a voz lírica deste poeta como unha das máis intensas do noso panorama poético contemporáneo. En 1988 publica en Málaga Casa para los ojos (Colección Puerta del Mar). El quinto cáliz (Colección Genil, Granada, 1977). El corazón del pan (Fundación Jorge FoGuillén, Valladolid, 2002) afonda na veta relixiosa. En 2007, co poemario A esmeralda branca (Follas Novas, 2006), acada o Premio Nacional de la Crítica.

X. M. Álvarez Cáccamo.

(Isabel Pérez)
(Borja López Santos revisara este autor)
XMAlvarezCaccamo.jpg
X.M. Cáccamo

Fillo de Xose Maria Álvarez Blazquez. Naceu en Vigo o 6 de xullo de 1950. Fixo estudos de Filoloxía Románica en Santiago de Compostela. Dende o ano 1973 , exerce a docencia como profesor de Literatura en Institutos de Santiago, Ourense e Vigo e vive, dende 1990, na aldea de Vilar (Vilaboa).
Ademais de poesía, ten publicado relatos breves e algunha incursión no xénero teatral e a narrativa. Os seus estudos literarios céntranse na poesía galega da segunda metade do século XX.
O seu traballo foi recoñecido e galardoado con premios como "Esquío", "González Garcés" e "Arume de Poesía para Nenos" e os da Crítica de Galiza e de España.
Formou parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos "Galicia Literaria" de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e "Faro das Letras" de Faro de Vigo (1993-1996). Entre os anos 1984 e 2002 integrou o equipo directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega, onde desempeñou o cargo de Presidente durante algúns meses do 2002. Coordinou as revistas da A.E.LG. "Nó" e "Contemporánea". Foi un dos membros fundadores do "Foro da Cultura" e da "Esculca Observatorio para a defensa dos dereitos e as liberdades". Actualmente forma parte do colectivo "Burla Negra" e do consello de redacción da revista "Grial".

OBRA POÉTICA:
  • Praia das furnas, (1983)
  • Arquitecturas de cinza, (1985)
  • Luminoso lugar de abatimento, (1987)
  • Cima das cidades tristes, (1988)
  • Fragmentos de mar, (1989)
  • Prego de cargos, (1989)
  • Acordar contigo en alba, (1991)
  • De mañá que medo, (1993)
  • Cincuenta anos de poesía galega, (1994)
  • Colección de espellos, (1994)
  • A luz dos desnortados, (1996)
  • A escrita das aves de marzo, (1997)
  • Calendario perpetuo, (1997)
  • Escolma de familia. Cen anos de poesía, (2000)
  • Vocabulario das orixes, (2000)
  • Depósito natural (1995-2001), (2002)
  • Escolma, (2002)
  • Ancoradoiro. Obras completas de 1983-2002, (2003)
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, (2003)
  • Maré do pobo a arder, (2003)
  • X. Espazo para un signo, (2005)
  • O desafío das ondas, (2006)
  • Vento de sal, (2008)
Vídeos de Álvarez Cáccamo na sección de audiovisual

Cesáreo Sánchez Iglesias.

(Lúa Cruz editou este apartado; Uxía Meijide revisará este apartado)
(Alejandro Gesto revisará este apartado)
vf1cesareosanchez.jpg
Casáreo Sánchez
Cesáreo Sánchez Iglesias nado en Dadín-Irixo, no 1951, érguese como unha das figuras máis representativas da xeración poética dos oitenta na Galiza. Sendo uns dos dinamizadores do movemento asociativo cultural dos setenta.
É autor dunha ampla obra, que ten o seu punto de inicio en 1978 con Silencios e conversas de inverno. Estudiou Arquitectura Técnica, Socioloxía e Ciencias Políticas en Madrid e foi membro fundador da Agrupación Cultural Lóstrego en Madrid, que foi presidida por el. Continuou mantendo unha posición dinámica dentro da creación do movemento asociativo cultural durante a os anos da transición, colaborando na formación da Agrupación Cultural Avantar, do Carballiño. Foi presidente da Agrupación Alexandre Bóveda de A Coruña. Actualmente é un home polifacético que exerce como director de Edicións A Nosa Terra e preside o semanario do mesmo nome, tamén traballa na Oficina Técnica de Arquitectura da Xunta de Galicia e é presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega asi coma director do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en A Coruña.
A súa poesía foi varias veces premiada, e caracterízase por unha elaboración en chave simbolista e evocativa, realizada en versos breves. Está considerado un dos nomes máis relevantes da promoción poética da década de 80.

Obra:

  • A árvore das sete palavras
  • A escrita do Camiño Primitivo
  • A escrita do silencio-Antoloxía persoal
  • Antonte das salamántigas
  • Do olvido o río
  • Evadne
  • Homenaxe a Ánxel Casal
  • II Festival da Poesía do Condado
  • III Festival da Poesía no Condado
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina
  • IV Festival da Poesía no Condado
  • Mar do fin da terra
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra
  • O Cántigo da Fonte
  • O desafío das ondas
  • O rostro da terra
  • O rumor do distante
  • Ortigas da memoria
  • Escrita luz. Antoloxía persoal.2006




Darío Xohán Cabana

(Lucía Barbeito Campos)
(
l24c16f1.jpg
Darío Xohán Cabana
Rebeca Lendoiro revisou este apartado)
Darío Xohán Cabana, nado en Terra Chá (Lugo) no ano 1952, é fillo de labradores pobres e ademais a súa familia máis vella pertenceu á Frente Popular pero, a pesares disto, tenta manterse nos ideais comunistas e milita na esquerda nacionalista dende 1968. No ano 1970 marchou pra Vigo onde traballou con Xosé María Álvarez Blázquez nas Ediciós Castrelos e de quen di que aprendeu a poesía galega medieval xunto coa historia vella e nova do seu país. Outros mestres de Darío foron Manuel María e Méndez Ferrín. Traballou como vendedor de libros a domicilio e posteriormente foi liberado pola Central sindical nacionalista, onde traballou. Máis tarde marchou para Corcubión onde traballou de garda municipal e logo opositou con éxito para traballar como funcionario no concello de Lugo. Dende 1987 colabora co diario La Voz de Galicia nun encrucillado en galego e é membro da RAG.
Darío publicou numerosos títulos de poesía como Verbas a un irmao, Romanceiro da Terra Chá, Ábrelle a porta ao día, A fraga amurallada, Amor e tempo liso, Patria do mar, Canta de cerca a morte, Cabalgada na brétema, Cantigas de amor vilao, Chirlo merlo na figueira, Cinco lendas, Elexía nunha escuridade mortal, Home e terra, Mortos por que Galicia viva, Patria do mar e Recolleita.
Cabe destacar que no ano 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florenza e o Premio Otero Pedrayo polas súas traduccións de clásicos italianos como A divina comedia, de Dante e Cancioneiro, de Petrarca. Ademais, a traducción de Vida nova recibiu o Premio Ramón Cabanillas. Publicou tamén unha versión de Os Tres Mosqueteiros.
A súa traxectoria biográfica está recollida no libro de José Luis Calvo e Yago Rodríguez, Conversas con Darío Xohán Cabana.Vida e escrita.
Vídeos de Darío Xohán Cabana na sección Audio-Visual

Xulio López Valcárcel.

(Uxía Meijide revisará este apartado)
(Lúa Cruz)

xulio_lopez_valcarcel.jpg
Xulio López
Xulio López Valcárcel leva máis de vinte anos dedicándose ao traballo poético. Participou nos colectivos "Cravo fondo" e "De Amor e Desamor", tendo publicado individualmente, Véspera do día (Edit. Follas Novas, Santiago, 1979), ao que seguiron Alba de auga sonámbula (Edicións Celta, Lugo, 1983); Solaina da ausencia (Editorial Vía Láctea, A Coruña, 1987); O sol entre os dedos (Ediciós do Castro, Sada, 1993, 2ª Ed, Sada, 1995); Memoria de Agosto (Deputación da Coruña, 1993) e En Voz Baixa (3 ª edic. Esquío. Ferrol, 2002).
Foi Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio "Antonio Tovar" en Ourense, 1993, e "Premio da Crítica Española" en 1994, entre outros.
A súa obra está recollida en diversas antoloxías, como Desde a palabra doce voces de Luciano Rodríguez (1986), Escolma da Poesía galega de hoy (Colección Visor, Madrid, 1991), Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (Colección Maillot Amarillo, Granada 1995) e Poesía Gallega Contemporánea (Litoral, Málaga, 1996). Poemas seus foron traducidos ao castelán, catalán, inglés, italiano, ruso, francés e macedonio.
Asimesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e dos libros de relatos Anel de Mel (Editorial Vía Láctea, 1991) e Campo de Marte (Espiral Maior, 1999). No 2001 publicou en A Nosa Terra, Viaxe ao corazón de Galicia. Colabora ademáis na prensa (Páxina literaria de El Ideal Gallego, Premio "Irmandade do libro", outorgado pola Federación de libreiros, 2002), e desde hai anos na radio (Entre libros con X.L.V. Radio Coruña, Cadena SER).
Casa última, con prólogo de Darío Xohán Cabana e cuberta de Fidel Vidal, está a piques de saír publicado por Espiral Maior.

PREMIOS:
Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos.
1979. Premio Guimaraes (Portugal).
Premio "Celso Emilio Ferreiro" (Santiago).
1993. Premio "Antonio Tovar" (Ourense).
1993. Premio "Miguel González Garcés" (A Coruña).
1994. "Premio de la Crítica Española".
Premio da Crítica en lingua galega, 2003 polo seu poemario Casa última.

PROGRAMA RADIOFÓNICO: "Entre libros" na "cadena SER", durante varios anos.
OUTROS: Diversas aparicións televisivas, colaboracións literarias varias, crítica literaria e de arte.
AFICIÓNS: fútbol, música e viaxar.

. A melancolía dos corpos
• A semente aquecida da palabra
• Alba de auga sonámbula
• Anel de mel
• Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000
• Campo de Marte
• Casa última
• Cincuenta poemas
• Construír a paz
• De amor e desamor
• De amor e desamor II
• En voz baixa. Quince anos de poesía (1979-1994)
• II Festival da Poesía do Condado
• Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina
• IV Festival da Poesía no Condado
• IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética
• Memoria de agosto
• Narradio. 56 historias no ar
• Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra
• Novo do trinque
• O desafío das ondas
• O sol entre os dedos
• Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I)
• Solaina de ausencia
• V Festival da Poesia no Condado
• Véspera do día
• VII Festival da Poesia no Condado
• VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética

Pilar Pallarés.

Ana Santos editou este apartado.)
Uxía Meijide revisará este apartado
(Lucía Pardo revisará este apartado. 2010-2011)
0362348001192723454-pilar-pallares.jpg

Pilar Pallarés naceu en 1957 en Culleredo, na pronvincia de A Coruña. Licenciada en filoloxía. Poesta ensaíasta, crítica literaria, e colaboradora habitual en revistas especiais, na acutalidade reparte clases nun instituo coruñés.
Comeza escribindo en español os seus primeiros, posto que recibía clases so en español, pero o seu vehículo de expresión será o galego.
No 1979 gaña o Premio Poesía Nova do Facho na Coruña, publicando Entre lusco e fusco (1980), que será o seu primeiro libro de poemas. Gañou o Premio Esquío de poesía co seu libro Sétima Soidade (1984) , e ademías recibirá o tereceiro premio esquío despois de escribir o seus segundo libro, Sétima soidade e o libro de poemas colectivo De amor e desamor (1984-1985). Colabora en diversas publicacións como Grial, Festa da palabra silenciada, Zurgai, Si scrive, Nordés e Anthropos. Tamén foi articulista no Correo Gallego, A nosa Terra e El País.
Dentro das súas obras temos as seguintes :
Rafael Dieste (1995)
Poestas e narradores nas súas voces (2001)
Poemas (2000)
Persisto ( 2002)
Para que te serve esa cuel boca de fome? (2002)
O desafio das ondas (2006)
Non coñezo, non sinto, non comprendo (2002)
Negra sombra. Intervención poética contra a marea nega (2003)
Libro das devoracións (1996)
Rosas na sombra ( 1991)
Sétima soidade (1984)
XIII Festival da Poesía no condado ( 1993)
XVI Festival da Porsía no condado ( 1994)
Literatura do século XX (1998)
Entre lusco e fusco (1980)
De amor e desamor I e II (1984-1985)
Antoloxía consultada da poesía galega (2003)

Luísa Villalta.

(Blanca)
(1ª revisión: Iago Castro)
luisa_villalta.jpg
Luísa Villalta
Nacida na Coruña en 1957. Licenciada nas Filoloxías Galego-portuguesa e Hispánica, tamén se ten revelado como asidua analista e intérprete da literatura nos libros ensaísticos O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992) e publicado O outro lado da música, a poesía (1999), no que traza unha orixinal visión da poesía galega desde o punto de vista da relación ancestral desta arte coa música.

Dentro do ámbito da poesía ten publicados os libros Música Reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) ademais de textos e colaboracións en diferentes medios, antoloxías, publicacións periódicas, revistas na web etc. Participa regularmente en recitais e actos de espallamento da poesía galega tanto na Galiza como no exterior.
A súa actividade literaria esténdese tamén a outros ámbitos dos que podemos destacar o da narrativa, con libros como Silencio, ensaiamos (1992), as novelas Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001) e tamén do teatro, xénero para o que escrebiu os textos Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das Esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999).
Como intelectual preocupada polo devir da literatura en xeral e da cultura galega en particular, é frecuente a súa participación en actos, recitais poéticos, mesas redondas, debates e pronunciamentos públicos en favor da defensa e consolidación da lingua e a cultura galega como expresión xenuína de Galiza.

Algunhas referencias e comentarios á súa obra en Portugal:
GUIMARÃES, Fernando Martinho, "Luísa Villalta e os descaminhos da poesia" in Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa, Xunta de Galicia ,1998
BERNARDEZ, Carlos "Poesia Galega" in Jornal de Letras, Artes e Ideias, Ano XXI nº 802, 27 de Junho a 10 de Julho de 2001.

Obras poéticas:
-Apresados sen presa.
-En concreto
-Estudos das sombras.
-Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina.
-Modulación de Orfeu
-Música reservada.
-Poemas pola memoria.
-Ruído.

Marica Campo.

(Blanca)
María Fernández revisará este apartado.
(Arantxa Camino revisara este apartado)
maricacampo.jpg
Escritora que naceu no ano 1948, no Val do Mao (O Incio-Lugo).
Xa de moi nena comezou a escribir historias que lle inspiraban as cancións.
Estudou na Universidade Pontificia de Salamanca onde fixo estudios de Teoloxía. Obtivo o título de mestra e tamén iniciou Filosofía e Letras.
Os seus primeiros relatos, en castelán, publicounos nunha revista de mestres que se editaba en Madrid e que se chamaba "Contacto y acción".
Pasouse ao galego, tanto na práctica monolingüe da fala como na escrita, durante a súa estadía no Colexio Público de Castro de Rei.
Despois de escribir diversos poemas, relatos e textos dramáticos, recolleunos todos nunha pequena antoloxía titulada "Tras as portas do rostro". Esta escolma estivo amparada por Pilar Pallarés e por algúns profesores de dita autora.
Exerceun a súa profesión en moitos sitios —Muimenta (Cospeito), Castro de Rei, Canarias, entre outros— pero onde estivo máis anos foi na Mariña de Lugo.

Palabras da propia autora:
Teño pouco tempo para escribir e non consigo librarme de cargas e compromisos que me ocupan abondo, mais son de escrita moi rápida. Hai relatos de "Confusión e morte de María Balteira" que fixen en pouco máis de dúas horas. Os trinta e tres sonetos de "Pedinche luz prestada" foron catro días. Unha novela curta que me premiaron no Concello de Vilalba elaboreina en seis días... Isto non quere dicir que a xestación non fose longa, senón que o parto foi rápido. E rápido tampouco quere dicir doado.”

Obras:
-A das tres caras
-Abracadabras
-Algúns poemas soltos
-Catro lúas e a da norte
-Confeso que estou tola
-Confusión e morte de María Balteira
-Derradeira vontade
-Homenaxe a Ánxel Casal
-Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina
-Loor de tolemia e desprezo de cordura
-Memoria para Xoana
-Mulleres Narradio. 56 historias no ar
-Narradoras
-Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra
-O Premexentes non pode cos paxaros rebezos ou Memorias dun Escribano
-Pedinche luz prestada
-Poemas e contos da muralla
-Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero
-Sextinario: trinta e seis + tres
-Sombra do meu asombro
-Tras as portas do rostro
-Un futuro para a lingua
-Xela Arias, quedas en nós

Miguel Anxo Fernán Vello.

(Isabel Pérez)
(Borja Lopez Santos)
FenanVello.jpg
Fernán Vello
Escritor galego nado en Cospeito no ano 1958.
Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e AGAL. Fundou Edicións Espiral Maior (1991) e foi un dos fundadores das revistas Cen augas e Agália. Deuse a coñecer ao ser premiado no VIIº Concurso Modesto R. Figueiredo co relato Anti-memória dun dia.
Realizou estudos de Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña e de Psicoloxía e Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Como poeta está en posesión, entre outros, do Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo (1983), Premio Esquío (1984), Premio da Crítica Española (1985), Premio Xacobeo de Poesía da Xunta de Galicia (1992) e Premio Martín Códax (1996). Nos anos 1985 e 1997 foi finalista do Premio Nacional de Literatura do Estado español cos libros de poemas, respectivamente, Seivas de amor e tránsito e As certezas do clima. No ano 2001 estréase, por encargo da Orquesta Sinfónica de Galicia, a súa cantata Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz, con música de Juan Durán e baixo a batuta de Victor Pablo.

Obras máis importantes:

-Auto insólito do autor, 1985 (teatro)
-Livro das paisaxes vivas, 1985 (poemario)
-Conversas en Compostea con Carballo Calero, 1986 (con Pillado Mayor)
-Entre água e fogo (Cantos da terra posuída), 1987 (poemario)
-Cuarteto para unha noite de verao, 1988 (teatro)
-A nación incesante. Conversas con Xosé Manuel Beiras, 1989 (con Pillado Mayor)
-A casa dos afogados, 1989 (teatro)
-Poemas da lenta nudez, 1994 (poemario)
-As certezas do clima, 1996 (poemario)
-Territorio de desaparición, 2004 (poemario)

(Isabel Pérez)

Eusebio Lorenzo Baleirón.

( Lucía Babeito Campos e Sergio Vázquez )
(pendente de revisión)
(Antía Blanco revisará este apartado)
Eusebio Lorenzo
Eusebio Lorenzo


Eusebio Lorenzo Baleirón naceu en Laiño-Dodro(A Coruña) no ano 1962. Estudou en Santiago , onde se licenciou en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1985.Desa mesma época datan as súas primeiras publicacións de poemas e en revistas como Grial,na cal colaborou como ensaísta facendo un estudo sobre a poesía de autores como Aquilino Iglesias Alvariño,Luís Pimentel,Alvaro Cunqueiro ou Nuno Júdice entre outros. As súas primeiras publicacións foron O corpo e as sombras e Os dias olvidados, arredor do 1985 cando so tiña 23 anos, e desa fecha xa tiña gañado diversos certames como o premio de poesía do concello de Vigo ou o premio de poesía Celso Emilio Ferreiro do concello de Santiago. Tamén neses anos publica a súa obra narrativa de carácter xuvenil O libro das viaxes e dos soños.
Ao ano seguinte,no 1986 morre na súa cidade natal. Trala súa morte deixa unha gran cantidade de composicións ser publicar,as cales foron escritas entre o 1981 e o 1985;algunhas destas obras son Herdanza da néboa,a cal resultou finalista do premio Esquío 1982 e Gramática do Silencio que foi finalista do mesmo certame pero no ano 1985. Estas dúas obras foron recompiladas e publicadas postumamente nun poemario titulado A morte presentida no 1988. Tamén quedaron sen publicar obras como Os ollos no camiño(galardoado co premio Celso Emilio)e Herdanza de néboa(co mesmo nome que a outra obra pero con distintos poemas) deu lugar a unha recompilación coñecida como Gramática do silencio. Obra poética. Tamén se publicou no ano 2000 unha antoloxía bilingüe en galego e castelán coñecida como Antoloxía Poética.
Eusebio foi un dos poetas mais destacados da xeración dos 80 da cal segue as liñas culturalista, esteticista e dálle moita importancia tamén a recuperación dos temas da mitoloxía clásica occidental.
No seu nome convocase un dos premios máis importantes de Galicia,o Eusebio Lorenzo Baleirón do concello de Dodro.


Xela Arias.

( Lucía Barbeito Campos)
(Borja lopez Santos editara esta autora)
Xela Arias
Xela Arias

Xela Arias Castaño veu ao mundo no ano 1962 en Lugo, embora pasase a maior parte da súa vida en Vigo, cidade en que realizou os estudos de Filoloxía Hispánica e onde morreu o 2 de Novembro de 2003.
Vinculada a Xerais desde o nacemento da editorial en 1979, estreouse no mundo literario con Denuncia do equilibrio (1986), poemario innovador co que foi finalista do Premio Losada Diéguez.
En 1990 publicou, en colaboración co seu marido e fotógrafo Xulio Gil, Tigres coma cabalos, obra de grande repercusión en que se mesturan poemas e espidos da autora. O libro trasmítenos unha mensaxe a prol da sinceridade e da procura dos sentimentos máis básicos. En Darío a diario (1996) a poeta ofrece unha reflexión sobre a súa propia experiencia maternal. O seu derradeiro poemario, Intempériome, foi editado o mesmo ano da súa desaparición por Miguel Anxo Fernán Vello.
A súa obra poética tamén se deu a coñecer en libros colectivos como Palabra de muller (1992) ou Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas.
Alén da súa tarefa poética, Xela Arias dedicouse á tradución para a nosa lingua de diversos autores como Joyce, Fehnimore Cooper e Fernández Flórez. Escribiu varios relatos, algúns deles incluídos na obra Contos eróticos/elas (1990).
Foi finalista do Premio Esquío de Poesía (1986) con Lili sen pistolas, obra que aínda permanece inédita.



Ana Romani


(Lucía Lobeiras vaise ocupar de buscar información sobre Ana Romaní)
(Borja López Santos revisará esta autora)

ana_romani.jpg
Ana Romaní
Ana Romaní naceu en Noia en 1962. Comezou o seu labor poético coa participación no grupo de teatro" Tiruleque", na revista "Carabela de Xeada" e a creación da Asociación Cultural Catavento. A comezos dos oitenta empezou a dar mostras do seu temperamento dándose a coñecer con recitais, colaboracións en revistas e certames coma o "Xente Nova na Poesía Galega" ou" O Facho", a súa actividade poética".

Foi unha das fundadoras da revista feminista "Festa da Palabra Silenciada" e da asociación "Mulleres Galegas na Comunicación" . En 1989 comeza a traballar na radio co programa de humor "A viborona" en Radio Nacional de España en Galicia, e no 90 empeza a dirixir na Radio Galega o Diario Cultural, programa polo que desfilaron a elite das letras e das artes do país, converténdose nun referente da información cultural galega. O seu traballo neste espacio valeulle o I Premio Irmandade do Libro (1992), o Premio Xerais á cooperación no eido Cultural (1999) e o premio San Martiño á Normalización Lingüística e Cultural (2000).

Durante moitos anos traballou na Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, no que actualmente forma parte na Sección de Música. Tamén participou en diversos proxectos artísticos.

En 1997 creou o Laboratorio de Indagacións Poéticas e o Festival de Espectáculos Poéticos na celebración do Día Mundial da Poesía do Pen Clube Galicia.

No 2000 comeza a participar nun proxecto chamado "Son delas" no que recita poesías do país.

Os seus últimos proxectos son "Catro Poetas Suicidas, Intervención Poética Contra a Levidade".
Recentemente desenvolveu "Estalactitas" e, coincidindo co décimo aniversario da morte de Avilés de Taramancos, realizou diferentes artigos sobre él.


OBRAS POÉTICA:

  • Palabra de Mar, (2007)
  • Das últimas mareas, (1994)
  • Arden, (1998)
  • Do diario da princesa, (2002)
  • love me tender, (2006)
  • polifonías : voces poéticas contra a violencia de xénero, (2006), (obra conxunta con varios autores)
  • X. Espazo para un signo, (2005), (obra conxunta de varios autores)



Lois Pereiro


Lois_Pereiro.jpg
Lois Pereiro

Lois Ángel Sánchez Pereiro, nace en Monforte de Lemos en 1958. Comezou a escribir de adolescente e, tras rematar COU, marcha a Madrid a estudar Ciencias Políticas e Socioloxía; estudos que abandona para prepararse en lingua inglesa, francesa e alemá (que lle servirían anos despois para traballar como tradutor e dobrador de cine por Europa), xunto con informática. Nese momento fundou a revista “Loia”, ao carón de Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro, que chegaría soamente aos catro números. Nesta revista encontramos poemas do autor que despois da súa morte serían publicados no libro Poemas para unha loia (1997).
En 1981 trasládase a Coruña, onde colaborará en revistas como “La Naval”, “Trilateral” e “Luzes de Galiza”; nesta última publicou oito capítulos da súa novela Náufragos do paradiso.
Lois publicou dous poemarios en vida; Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995).
Enfermo de SIDA Lois Pereiro morre o 24 de Maio de 1996 en Coruña, o mesmo día que se fai pública a sentenza da colza, un aceite de uso industrial que se vendeu para o uso doméstico e provocou varias intoxicacións, entre elas a de Lois.
15 anos despois da súa morte, no 2011, dedícanselle as Letras Galegas.

Autor de poesía da experiencia e existencia, gran retransmisor da súa rabia e os seus sentimentos ante a crise, a crispación e a violencia do seu tempo. Manuel Rivas comenta: “Era un creador único, no que destaca o estreito vínculo que hai entre o ser e o espírito nos seus poemas”.
Para algúns unha voz irrepetible, diferente, posiblemente pola gran influencia que a cultura xermánica exerceu sobre el.

A súa obra obra poética consta de tres títulos:
Poemas 1981/1991 (1992)
Poesía última de amor e enfermidade (1995)
Poemas para unha Loia (1997)

Incomprendido e desvalorizado ou unha figura relativamente nova que axuda a relación entre os xoves e a poesía.
Rematamos cuns versos de Poesía última de amor e enfermidade que mostran a súa forma e o seu encanto:

"Cuspídeme enriba cando pasedes
por diante do lugar onde eu repouse,
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e de furia necesaria"


A década dos 90: caracterización.


Durante os anos 90 aparecen uns determinados fenómenos no panorama poético galego, que modifican positivamente o cadro dominante de finais dos 80.
Estes fenómenos son:
  • Algúns poetas anteriores aos 90 publican nesta época novos libros.
  • Aparecen novos poetas que permaneceran no anonimato ou que tiveron problemas para publicar ou non acadaron o recoñecemento debido.
  • Supéranse as dificultades que algúns autores de finais dos 80 tiveran para publicar.
  • Xorden novos escritores, chamados ‘poetas dos 90’,que teñen unha actitude activa e dinamizadora do panorama poético desde a pluralidade estética máis absoluta.
  • Proliferan grupos poéticos (como Dolmen) que promoven unha aproximación da poesía ao público.
  • Xorden tamén canles editoriais que facilitaron a publicación de novos autores.
  • Proliferan concursos poéticos.
  • Contributo das escritoras que trasladan aos seus poemas un imaxinario feminino en que se reivindican ademais figuras habitualmente marxinalizadas na sociedade como as bruxas, as prostitutas, as lesbianas, etc.

Por outra parte están os trazos caraterísticos desta época, que son:
  • Tratamentos de temas eternos como o amor, a vida, a morte...
  • Utilízase unha linguaxe máis directa e coloquial, pero sen descuidar a forma.
  • Utilízase un ton vivencial e unha expresión apaixonada.
  • Prefírese utilizar o verso libre.
  • Non é unha poesía cargada con adornos.
  • Búscase un lector apaixonado, sensíbel, e que non busca descifrar os poemas, só sentilos.
  • Utilízanse temas sociais e patrióticos, como o antimilitarismo, a insubmision, ou o anticapitalismo.

A pluralidade é dominante nas últimas promocións poéticas, desde propostas clásicas ata ensaios de poesía obxectual e visual.
Os poetas cultivan a expresión contida (menos adornada), o minimalismo e a depuración máxima dunha poesía directa, con presenza de símbolos e que tenden ao hermetismo, agochando un mundo persoal do autor.
Tamén os autores desta época, adoptan unha actitude desmitificadora, combativa e ás veces provocativa, incidindo en problemas e vivencias cotiás, centrados en temas poéticos máis tradidionais ou no culturalismo.
Por outro lado tamén hai outros poetas que en vez de ser patrióticos e críticos da sociedade, seguen liñas totalmente afastadas de calquera clase de ‘compromiso’ na poesía.

Poetas da xeración dos 90:

(Rebeca García 2011-2012)

Lucía Aldao


Lucía Aldao, naceu en Coruña 20 de febreiro de 1982. É unha poetísa
lucia-aldao4.jpg
Lucía Aldao
e artista galega. A súa traxectoria poética e musical comezou na adolescencia. No plano musical, é cantate e guitarrista.
Adoita recitar xunto a María Lado, e é asidua das celebracións-performances de Maribolheras precárias ( Enlace na Galipedia ).

Comeza dende moi nova gañando diversos premios coma o Tanxedoira, Francisco Fernández del Riego, O Facho, e varios premios Minerva. Destes últimos resultaron as publicacións colectivas Aliteración en ti e Quixen ir a Nevermore.
A súa obra aparece en diferentes publicacións periódicas (A Xanela, O Ollo Público, La Bella Varsovia…) así coma en antoloxías entre as que destacan O Trazo Aberto (2002), Negra Sombra (2003), Sempre Mar (2003), Os Gozos e as Sombras (2005), Plantando
Libros (2006), ou Poética da Casa (2006). Tamén no 2005, publica o volume Unha ducia máis un, acompañando cos seus poemas as fotografías do arquitecto Luis Muñoz. Tras gañar o 2º premio de poesía GZcrea (2006), aparecen os textos gañadores
no libro Isto é un poema e hai xente detrás.
As súas obras máis recentes son: Isto é un poema e hai xente detrás (2007), Plantando libros (2007), Letras novas (2008), Cociñando ao pé da letra, é unha colaboración con outros autores sobre poesía e cociña (2011), Muldiçoes (2011) e Urbano, homenaxe a Urbano Lugrís (2011).
Dende os seus inicios participou en multitude de recitais por toda a nosa xeografía, e ultimamente continúa a facelo, a xeito de espectáculo poético, xunto á poeta María Lado. Exemplo disto son Onde estea un cubata que se quite un soneto e Poeta de mierda (este último coa actriz Pepa Yánez).



María do Cebreiro Rábade Villar

MariadoCebreiro.jpg
María do Cebreiro


Nace en 1976 en Santiago de Compostela
Licénciase en filoloxía hispánica na Universidade de Santiago,exerce como profesora de literaturas comparadas na Escola das Artes da Universidade de Oporto e colaborou en revistas literarias como Dorna.

No 1990 obtén o 1º premio no XVI Certáme Poético Antonio García Hermida.
En 1998 publicou o seu primeiro poemario estadio do espello,
No 2002 publica Nós, as inadaptadas, accésit do Premio tiago Esquío e no 2004 Non queres que o poema te coñeza que recibiu o Premio Caixanova, convocado polo Pen Club de Galicia. É autora, ademáis, do poema longo Pérfida Erín, en edición dixital no ano 2001,neste ano tamen , Coordinou os volumes A poesía é o gran milagre do mundo e da serie Atlas no 2003, mostra de poesía galega contemporánea traducida ó inglés, escribe no 2002 Damas Negras, antoloxía de letras de cancións interpretadas por mulleres afroamericanas.As súas obras maís actuais son en poesía Cuarto de outono (2008) e Non son de aquí (2008), en ensaio Fogar impronunciable. Poesía e pantasma (2011).

María do Cebreiro converteuse nunha das voces imprescindibles da poesía galega actual


María Lado


María_lado.jpg
María Lado

María Lado naceu en Cee o 14 de abril de 1979, A Coruña, é Licenciada en Filoloxía Galega. Dedícase profesionalmente ó teatro. Dende os seus inicios, vinculouse ó "Batallón Literario da Costa da Morte" e así os seus primeiros poemas figuran nos libros editados por este grupo: Nós (1997) e Mar por medio (1998). Outros volumes nos que colaborou son Rumbo ás illas (1997), O entrelazo das palabras (1999) e Narradoras (2000), neste último descubríndonos a súa faceta de prosista. Ademais de en numerosas revistas literarias como Alquimia, Dorna ou Bravú podemos atopar poemas de María Lado nas antoloxías dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (1999) e A península de Babel (Revista Comentário, Lisboa, 2001). O seu primeiro volume individual, A primeira visión, data de 1997 e nel destaca un discurso centrado na presencia do cotián e das cousas máis pequenas que adquiren unha nova dimensión a través dun verso que rompe coas convencions formais. Do mesmo estilo é a súa segunda obra: Casa atlántica, casa cabaret (2001). Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz. Colabora no disco "Finais dos 70s, comezos dos 80s, de Fanny + Alexander", recitando o poema "Berlín", da súa creación. Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por Edicións do Cumio, como por exemplo: Un descenso ao Maelstrom. Sombra de Edgard Allan Poe (2009), Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll (2010) e De acuarelas Por Santiago, de Eduardo Baamonde (2010). En canto a poesía unha das súas obras máis recente é Amantes (2011), c0 que gañou o Certame de poesía erótica Illas Sisargas. Enc canto a obras colecctivas as últimas son: Urbano, homenaxe a Urbano Lugrís (2011) e A cidade na poesía galega do século XXI. (2012).


Marta Dacosta


Marta Dacosta
Marta Dacosta

Naceu en Vigo en 1966. En 1989 licenciuse en Filoloxía Galego-Portuguesa. Comenza a publicar en revistas como Congostra, Olisbos o A Peneira, diario no que obtén o I premio de poesía juvenil en 1986, o Lúa nova, da Asociación Cultural Rosalía Castro de Cornellá, onde ganou o III premio Rosalía Castro. O seu primeiro libro viu a luz en 1994, Crear o mar en Compostela, Premio de poesía O Grelo. Con Pel de ameixa obtén o Miguel González Garcés, e con Setembro o Martín Codax en 1998, mentras que con En atalaia alerta, obtén un accésit do Premio Esquío 1999. Publicou en diferentes revistas e diarios e participou en publicacións colectivas como Intifada, oferenda dos poetas galegos a Palestina, 8 e méio ou O entrelazado das palabras, e en antoloxías como Para saír do século. Publicou estudos sobre lingua e literatura en Cadernos da Lingua Galega, Eubalaena, Diario 16, e A festa da palabra silenciada. Na actualidade exerce como docente de ensinanzas medias, dedícase á actividade sindical na CIG, forma parte da directiva da AELG e colabora, dende 2003, co semanario A Nosa Terra.




OBRA:
-A princesa na torre
-Análise práctica de Con pólvora e magnolias, X. L. Méndez Ferrín
-As amantes de Hamlet
-Coiraza
-Crear o mar en Compostela
-dEfecto 2000. (Antoloxía de poetas dos 90)
-8 e médio-En atalaia alerta
-Homenaxe a Ánxel Casal
-Intifada. (Ofrenda dos poetas galegos a Palestina)
-IX Festival da Poesia no Condado. (Escolma Poética)
-Negra sombra. (Intervención poética contra a marea negra)
-Pel de ameixa.
- Acuática Alma
- Un mar de mulleres
-Tamén navegar
-Urbano. ( homenaxe a Urbano Freiré)
-Vivir un soño repetido. (homenaxe a Lois Pereiro)
-A cidade na poesía galega do século XXI.

Maite Dono.


dono.jpg
Maite Dono

Despois de cursar estudos de filoloxía en Compostela e licenciarse en Interpretación na RESAD, compaxina unha intensa actividade teatral dende o ano 1993 da que se destacan os seus dous últimos traballos: A ópera contemporánea de Mauricio Kagel La Tradición Oral , dirixida por Xosé Luis Raymond (2004), e Mamaíta, no soy mala , dirixida por Mateo Feijóo (2005), coa súa traxectoria musical que se inicia cun primeiro disco como solista Corazón de Brief (1998). O seu segundo e último disco ata á data leva por título O Mar Vertical (2001), traballo que se completa cun libro de poemas homónimo. Ten colaborado con grupos como Na Lúa, La Musgaña, Espliego, o Frontera Cero. Tamén na formación do contrabaixista de jazz Baldo Martínez co Proyecto Miño, que a levou e segue levando a actuar en distintos festivais internacionais, entre os que destacan o Festival de Jazz de Évora, Getxo, La Triennale de Colonia, etc. Actualmente experimenta co Intruso.
Como poeta, comeza con Manta de Sombra (Ediciones Libertarias –Prodhufi, 1996), libro polo que recibiu o Primeiro Premio Internacional Libros do Egoísta. A continuación, O Mar Vertical (Edicións Espiral Mayor, 2002) e Desilencios , polo que obtivo o Premio Esquio de Poesía en lingua galega na súa XXIII edición (2003). A súa última obra é Tamén navegar (obra colectiva)


Estíbaliz Espinosa.

estibaliz_espinosa.jpg
Estíbaliz Espinosa
Estíbaliz Espinosa é unha escritora, cantante e actriz nada en A Coruña o 6 de xullo de 1974. Tense definido a si mesma como híbrida, mutante ou anónima. Mestura ciencia-ficción, dramaturxia e ironía en moitas das súas propostas
Como poeta caracterízase por crear unha poesía cósmica, con elementos primixenios, toques de ironía, reflexión. Neste conxunto de textos hai referenzas ao cine, á ollada e ollo humanos, ao espazo exterior, e xoga con influencias dende científicas ata provintes do eido das artes plásticas, dos contos de fadas, do debuxo, da música, da matemática ou da astronomía. Deuse a coñecer con Mecánica Zeleste [1999]. Posteriormente obtivo o Premio Esquío con Pan (libro de ler e desler) (2000). Facendo un xogo de palabras co seu libro anterior publica –orama [2002].
Na rede é responsábel de varios proxectos: os blogs ...mmmm..., [...] e abra a cápsula, por favor. Experimenta con ambientacións sonoras, canto e ruidismo. Ten gravado audiopoemas [Instituto Cervantes de Nova Iorque, El Gaviero, 2005] e podcasts [1º premio de Podcasts Poético-Artísticos do Ajuntament de Tarragona, 2006].
Codirixiu e presentou Ulalume, un programa de contacontos na radio independente Cuac FM [1996-2001]. De aí xurdíu Contacontos Ulalume.
Ten obra traducida ao alemán, ruso, castelán, inglés e italiano.
Publica textos en Babelia (El País) e no suplemento cultural do ABC.
Participou en numerosas revistas de ámbito nacional e internacional: Salamandria, müsu, Compostelán, Madrygal, Çopyright, O ollo público, Alhucema, Cooltural Galicia, Serta, La Caleta, A Xanela, Casa da Gramática, Idearia.

Obras
Zoommm.jpg
descarga en pdf

Pan (libr o de ler e desler). Premio Esquío, 1999
-orama (col. Tambo, 2002).
número e . Premio Espiral Maior de Poesía 2001.
Zoommm. Textos biónicos. A Regueifa Plataforma.

Antoloxías
*Das sonorosas cordas (Eneida, 2005).
*Mujeres de carne y verso (La Esfera, 2001).
*Poesía Galega Contemporánea III 1975-2000.
*Letras novas (2008)
*Urbano ( homenaxe a Urbano Freire) (2011).
*Vivir un soño repetido ( homenaxe a Lois Pereito) (2011).
*A cidade na poesía galega do século XXI (2012).

Lupe Gómez


lupe_gómez.jpg
Lupe Gómez
Lupe Gómez, nada no ano 1972 en Fisteus, unha pequena aldea de Curtis, estudou a carreira de Xornalismo en Santiago de Compostela e colaborou con O Correo Gallego e Galicia Hoxe. Ademais, fixo artigos e críticas de libros e obras teatrais. É polémica e está considerada por algúns como unha poeta escandalosa e obscena.
Escribeu obras poéticas como Os teus dedos na miña braga con regra, obra excluída das axudas á edición por escrúpulos morais do goberno daquela, Poesía fea, con moita ironía, O útero dos cabalos, que fala do feminino que teñen os homes, Pornografía, coa que comezou a súa andaina poética e obra que escandalizou á xente, Levantar as tetas e Azul extranxeira, coa que conseguiu o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. Con todas estas obras, Lupe pretende romper co bo gusto e co que é considerado correcto. Para iso, emprega palabras de uso coloquial e fala de sexo, violencia, amor e desamor. Nas dúas últimas obras citadas, o verso é longo e posiciónase fronte ao curto das primeiras, que eran unha especie de aforismos. Como ela mesma di, o acto poético caracterízase pola falta de pudor ao expresar as sensacións dende un talante rachador.
A autora foi construíndo un estilo poético transgresor pero sincero, de palabras contadas pero cargadas de todo o que leva dentro. Por iso, o que se valora da súa contribución ás letras galegas é a espontaneidade e a valentía coas que Lupe crea.
As súas útimas obras son: en teatro Dialogos imposibeis (2011), en obras colectivas Cociñando ao pé da letra (2011) e Lois Pereiro en 17 voces (2011).

Olga Novo.


Olga Novo
Olga Novo










Olga Novo (Vilarmao, Lugo, 1975). Poeta e ensaísta. Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora numeraria de IES. Lectora na Universidade da Alta Bretaña en Rennes. Como poeta, deuse a coñecer precozmente con tres poemarios de grande autenticidade vivencial, forza expresiva, fondura telúrica e sensualidade erótica:
A teta sobre o sol (1996)
Nós nus (1997)
A cousa vermella (2004)

Tamén publicou un libro de arte compartido coa pintora Alexandra Domínguez e o poeta Xoán Abeleira, titulado Magnalia, e numerosos poemas en antoloxías, libros colectivos, revistas (Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Xistral) e xornais (El País, ABC). Formou parte dos comités de redacción das revistas Ólisbos, Animal, Unión Libre e Valdeleite. Traduciu, desde o galego, El contradiscurso de las mujeres. Historia del proceso feminista, de Carmen Blanco.
Como analista e ensaísta publicou os libros: Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica (1995) e O lume vital (1999) de Claudio Rodríguez Fer . Uxío Novoneyra con Lingua loaira (2005).
Participou en congresos e revistas (Ínsula, Moenia, Boletín Galego de Literatura, Anuario de Estudios Literarios Galegos, Revista Galega do Ensino, A Nosa Terra, La Torre. Revista de la Universidad de Puerto Rico, etc.) A súa atención centrouse sobre todo en propostas radicais conectadas co surrealismo, pois escribiu sobre o escritor André Bretón, o cantautor Leó Ferré e o pintor Eugenio Grabell e coa temática erótica, como reflecte o seu ensaio "Tratado da pel", publicado no monográfico "Erotismos" de Unión Libre 1990,coordinado por ela mesma . Ademais, interesouse por poetas en lingua portuguesa, como o lusitan Fernando Pesoa e o surrealista brasileiro Sergio Lima. Gañou o premio Ánxel Fole de investigación, outorgado por mor dun estudo realizado sobre a figura do poeta Uxío Novoneyra, no que analiza as diferentes influencias que tivo o autor do Courel ao longo da súa carreira. No seu ensaio, Olga Novo inclúe abondosos poemas inéditos deste autor. As súas últimas obras son Cráter (2011) e Urbano.( homenaxe a Urbano Freire) (2011).


Chus Pato.


ChusPato.jpg
Chus Pato
María Xesús Pato Díaz (Ourense, 1955), máis coñecida como Chus Pato, é unha escritora e activista política galega. Profesionalmente, é profesora de instituto impartindo Xeografía e Historia.

É unha das figuras máis relevantes da poesía galega actual. Xunto con outras autoras como María Xosé Queizán é protagonista dunha corrente que buscou desconstruír a tradición literaria galega no ámbito da poesía. A súa obra caracterízase por manifestar a transgresión posmoderna dos xéneros literarios, conformando unha escritura baseada na superación do concepto tradicional da poesía. Escrita en prosa, a súa poesía acolle non só distintos tipos textuais, dende o estritamente biográfico ata o ensaísmo filosófico, senón dunha polifonía de voces que inclúen, ademais da propia autora, infinidade de personaxes ficticios e reais que se manifestan en múltiples subxéneros: fragmentos teatrais, entrevistas, programas radiofónicos, etc.

Tematicamente, Chus Pato asume o compromiso da literatura coas reivindicacións ideolóxicas, sendo o nacionalismo galego, a visión marxista da realidade e a conciencia de xénero algúns dos eixes temáticos máis habituais. Neste sentido, a importancia da linguaxe como sistema de creación simbólica na sociedade contemporánea ten un papel destacado na súa reflexión crítica. Estilisticamente, a súa escritura caracterízase pola sintaxe sincopada, un certo automatismo e a constante referencia á mitoloxía greco-latina como ilustradores metafóricos da realidade máis inmediata. O compromiso da escritora coa realidade contemporánea levouna a involucrarse de forma directa na vida política e cultural galega. Cabeza de lista habitual da Fronte Popular Galega (partido político de extrema esquerda e independentista) pola provincia de Ourense, Chus Pato pertence tamén a varias agrupacións tanto de índole literario (o PEN Club) como de índole político-social (Redes escarlata)

É colaboradora habitual de revistas galegas onde publica os seus poemas, esta actividade comézaa en 1984 na revista Escrita , e logo continuará noutras múltiples publicacións como: Luzes de Galiza, Festa da palabra silenciada, Andaina, Gume, Ólisbos, Revista das letras, Dorna, Clave Orión, etc.; en libros colectivos: Palabra de muller, Sete poetas ourensáns, Poesía dos aléns; e no ano 1992, con outras sete mulleres, publica en Edicións do Dragón a carpeta poética 8 e medio, asemade participa no homenaxe a celebérrima poetisa Rosalía de Castro no cincuentenario da fundación do Patronato Rosalía, con motivo da cal se edita un CD cos poemas recitados, con música de Rodrigo Romaní, e un libro que recolle os textos e fotografías de María Esteirán (1997); participa habitualmente en recitais, mesas redondas, performances e conferencias.
Poemarios publicados:
-Urania. Vigo: Calpurnia, 1991.
-Heloísa. A Coruña: Espiral Maior, 1994.
-Fascinio. Muros: Toxosoutos, S.L., 1995.
-A ponte das poldras. Santiago de Compostela: Noitarenga, S.C., 1996. (hai unha reedición enGalaxia, de 2006).
-Nínive. Vigo: Xerais, 1996. Gañadora do premio Losada Diéguez.
-Heloísa. Madrid: La Palma, 1998. (tradución)
-m-Talá. Vigo: Xerais, 2000.
-Charenton. Vigo: Xerais, 2004.
-Hordas de escritura. Vigo: Xerais, 2008.
-Secesion (2009).
- Nacer é unha república de árbores (2010).
-Cociñando ao pé da letra (2011).
-Tamén navegar (2011).


Lino Braxe.

external image linobraxe.jpg

Lino Braxe Mandiá, nado en Mugardos en 1962. Actor, director de teatro e escritor galego.
Empezou no teatro profesional en 1985 coa Compañía Luís Seoane, actou en producións da Escola Dramática Galega, Centro Dramático Galego, Malbarate e outras, tamén actor de dobraxe e radio.
A comezos dos 90 realiza prosa teatral e intervén como actor en diferentes obras. Tamén se ten adicado á crítica e á investigación literaria, ademais de ser un dos fundadores da revista de pensamento “Luzes de Galiza” a mediados dos 90, ao tempo que dirixe a Fonoteca de Galicia. Obras literarias
Banquete, 1990 (poemario)
A promesa, 1991 (prosa teatral)
A memoria perdida, 1991 (narrativa)
A máxia da palabra: Cunqueiro na rádio, 1991 (antoloxía de textos de Alvaro Cunqueiro)
O conde vampiro, 1995 (narrativa infantil)
A caricia da serpe, 1999 (poemario)
A cor do ceo, 1999 (narrativa)
O sangue dos árabes, 1999 (poemario)
Territorio. Poemas obxecto e visuais, 1999 (poemario)
O botin da miseria 2011. (Literarura infantil-xuvenil)
Vivir un seño repetido 2011. ( obra colectiva)
Ulises 2011 ( obra colectiiva)

Máis aló da dúa produccion literaria, ten realizado guións para programas da canle autonómica e series de ficción. Desde principios dos anos 90 participa nalgunhas curtametraxes
Un café de ollos verdes (1992)
Sen motivo aparente (1994)
Afonía (1996)
A mercería (2000)
O trasto (2002)



Fran Alonso.

FranAlonso.jpg
Fran Alonso
Fran Alonso
(Vigo, 1963), poeta e narrador. É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, tamén cursou estudios de posgrao en Literatura Infantil durante dous anos na Facultade de Ciencias da Información de Cuenca. Está profesionalmente vinculado ao xornalismo e á edición en lingua galega. Foi redactor do Diario 16 de Galicia e un dos impulsores da editorial Edicións do Dragón. Na actualidade é Subdirector para a Edición Xeral en Edicións Xerais de Galicia , colaborador habitual do diario La Voz de Galicia e do semanario A nosa Terra.
Recibiu numerosos premios polo seu labor literario, destacando: Premio Losada Diéguez (1999), Mención na Lista de Honra da revista CLIJ así coma outros polos seus traballos litararios infantís.

Deuse a coñecer no 91 ao gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1990), onde participaron 27 autores galegos novos. É responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto.

Obras poéticas:
-Persianas, pedramol e outros nervios, Alacrán Poesía, 1992 (poemario). Obra innovadora e interesante.
-Tortillas para obreiros, Espiral Maior, 1996 (poemario) de carácter rupturista e rebelde.
-Cidades, Edicións Xerais, 1997 (Ilustracións de Pablo Otero Rodríguez "Peixe" (poemario)
-Subversións, Edicións Xerais, 2001 (poesía) que recolle toda a súa obra anterior.
-Balada solitaria, Edicões Eterogémeas, 2004 (poemario) diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.
-Transicion (2011).

Blog do autor : http://cabrafanada.blogspot.com.es/

Yolanda Castaño

yolanda_castanho.jpg
Yolanda Castaño


Yolanda Castaño Pereira naceu en Santiago de Compostela en 1977, é unha poetisa en galego, que forma parte da Xeración Poética do 2000.
Cursou os seus estudos na Coruña, onde estudou a carreira de Filoloxía Española.
En 1990 comeza a creación poética, con pequenos poemarios, algún dos cales foi premiado. En 1994, con tan só 17 anos publicará a súa primeira obra, Elevar as pálpebras.
En 1998 veranse publicados os seus seguintes poemarios, Delicia e Vivimos no ciclo das Erofanías, obras que terán unha marabillosa acollida por parte do público e pola crítica.
Yolanda Castaño escribirá en galego e logo traducirá as súas propias obras a lingua castelá.
Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega e formou parte do equipo dierctivo da editorial Letras de Cal.
Durante a súa corta vida, leva colaborado con numerosas publicacións como O Correo Galego, A Nosa Terra, Enclave, Elipse ou El Mundo.
Participou en varios volumes poéticos colectivos como Mulher a facer vento ou Alguén agarda que volva alí.
Recibiu numerosos premios como o premio Antonio García Hermida, o premio Atlántico, o Premio Francisco Fernández del Riego, o III Premio Fermín Bouza Brey, o II Premio de Poesía John Carballeira, o Premio da Crítica de poesía galega e o Premio de poesía Espiral Maior.
Na actualidade reside na Coruña, onde dirixiu a Galería de Arte Sargadelos, co-dirixe a revista Valdeleite,
A súa obra está composta por poemarios como:
Elevar as pálpebras ( 1995), Delicias ( 1998), Vivimos no ciclo das Erofanías ( 1998), Edónica ( 2000), O libro da egoísta ( 2003), Profundidade de campo ( 2007), Erofanía (2009) e A cidade na poesía galega o século XXI (2012).