(reflect)Literatura_galega_do_século_XX.png
Tendencias actuais da lírica, da narrativa, da dramática e da ensaística.
Páxina editada 125 veces. Última modificación: May 23, 2011 7:14 am GMT por - Noemi_V Noemi_V

O ensaio na últimas décadas.

Orientacións temáticas e principais autores.

Ensaio económico e político:



Valentín Paz-Andrade

(sergio-lp)
(Rebeca Lendoiro revisou este apartado)
valentin_paz_andrade.jpg
Valentín Paz Andrade
Valentín Paz-Andrade,nado en Lérez (Pontevedra) no ano 1898 e falecido no ano 1987, foi un xurista, político e escritor galego.
Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi director do xornal Galicia e da revista Industrias Pesqueiras,colaborou en El Pueblo Gallego, Gaceta de Galicia, O Ensino, Grial, Outeiro (nos tres últimos con artigos sobre literatura,especialmente ao redor da figura de Castelao), Industrias Conserveras, El País e La Vanguardia (nestos tres con artigos económicos e políticos) e publicou diversos artigos en Faro de Vigo e La Noche (asinados cos pseudónimos M. Xan Quinto e Mareiro).
Iniciouse no movemento galeguista participando na II Asamblea Nacionalista, presidiu o Grupo Autonomista Gallego e foi militante do Partido Galeguista. Foi tamén candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e posteriormente en 1936 e ademais colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia de 1936. Co estalido da Guerra Civil Española foi desterrado de Verín, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e Villanueva de la Serena e ademais, por mor dos seus artigos e da súa vinculación política, foi detido en diversas ocasións. Valentín foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova e traballou como técnico da FAO e para a que publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera. Por último, formou parte da Xunta Democrática, da Comisión dos 10 e da Plataforma de Organizaciones Democráticas así como foi elixido senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Gallega nas Cortes Constituíntes.
O seu interese pola literatura comezou grazas á influencia do seu tío,o poeta Xoán Bautista Andrade, quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra.
Valentín Paz-Andrade é autor de numerosas obras ensaísticas como Galicia como Tarea, La anunciación de Valle-Inclán, La marginación de Galicia, A galecidade na obra de Guimaraes Rosa, Castelao na luz e na sobra e Galiza lavra a sua imagem, todas elas cuxos temas son diversos: literarios, económicos ou históricos.
Obras ensaísticas obre temas pesqueiros son Los puertos nacionales de pesca.Aportación de Vigo al estudio del problema, Producción y fluctuación de las pesquerías, Sistema económico de la pesca en Galicia, Los derechos sobre el espacio marítimo, El capital como factor del desarrollo de Galicia e El concepto de zona económica en el nuevo derecho del mar.

Ramón López Suevos.

(Isabel Pérez)
Ensaísta de finais do século XX.

Obras importantes:
O outro desenvolvimento.
Problemática nacional e colonialismo.
a estructura espacial interna da economía española.
Escedente económico e análise estructural.

Xoán Carmona.

(Borja Freire)
(Pendente de revisión)

Xan Carmona Badía, catedrático de Historia e Institucións Económicas, autor de traballos fundamentais sobre a nosa historia industrial e presidente da Fundación Galicia Empresa. Traballou de xeito conxunto xunto a outros vinte prestixiosos autores nas historias xerais sobre a comunidade galega.
A súa obra:
-A COMPOSTELA INDUSTRIAL "HISTORIA E PEGADA DAS FÁBRICAS DE COIRÓS NO CONCELLO DE SANTIAGO"
-A ETAPA DE LUIS DE LA RIVA E O APOXEO DA PRODUCIÓN CIVIL DE SARGADELOS -EL ATRASO INDUSTRIAL DE GALICIA
-EL EMPEÑO INDUSTRIAL EN GALICIA "250 AÑOS DE HISTORIA, 1750-2000"
-EL EMPEÑO INDUSTRIAL EN GALICIA
-GALICIA FAI DOUS MIL ANOS Vol.II "O FEITO DIFERENCIAL GALEGO. HISTORIA"
-VIGO ECONOMIA E SOCIEDADE
-X XORNADAS DE HISTORIA DE GALICIA "GRANDES TRANSFORMACIONS NA HISTORIA CONTEMPORÁNEA"

Carlos Mella Villar.

(Lucía Barbeito Campos)
(María Fernández revisará este apartado)

Carlos Mella
Carlos Mella
Carlos Mella Villar, (A Estrada, Pontevedra), economista, político e escritor, é doutor en Direito pola Universidade Complutense. Foi Vicepresidente da Xunta de Galicia e deputado no Parlamento. Ex-presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

OBRA:
'NON SOMOS INOCENTES': libro de memorias dun 'político galego en excedencia', no que se pasa unha irónica revista ós primeiros tempos da política autonómica galega.
'A GALICIA POSIBLE': ensaio onde se esboza unha reflexión sobre a Galicia que nos tocou vivir neste tempo histórico, tentando adiviñar cara onde vai este país e cal é o noso horizonte futuro.
'O PROTOCOLO XAPONÉS': fateixo de relatos nos que se trata de expoñe-los perigos que un progreso descontrolado e mimético representa para o mundo actual.
'BIEITO BIEITO': a novela dunha ambición e un fracaso. E da aceptación reflexiva do mesmo, cando se avalía como inevitábel.
'COA PALLETA DISTRAÍDA': escolma de artigos, moi breves, nos que se reflicte unha visión agarimosa as veces, e crudel outras, sobre o acontecer cotián da nación galega.
'A FALACIA DO ECONOMICISMO': ensaio que expón unha análise crítica dun sistema económico que produce un crecente desequilibrio no devir dunha sociedade rexida só por baremos económicos.
'LUCES DE FISTERRA': novela na que se tenta unha disección crítica da sociedade galega utilizando o esperpento como arma literaria; os aconteceres galegos pasando diante dun espello cóncavo.

Ensaio sociolingüístico:

Ricardo Carvalho Calero.

(Laura Vieiro)
(Borja Lopez Santos revisará este autor)
(Jairo Campo revisará este autor)
( Noemi Vázquez López revisará este apartado 2010-2011)

external image ricardo_carballo_calero.jpg
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e. Foi un filólogo e escritor, o primeiro Catedrático de Lingua e literatura Galegas, considerado o gran pensador do reintegracionismo.

En 1926,tras cursar os seus primeiros estudos e o bacharelato na súa localidade natal, baixo a tutelaxe do escritor Manuel Comellas, transládase a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servizo militar.

Iniciou un período de intensa fertilidade política, entrando en contacto co galeguismo e o movemento nacionalista, formando parte de movementos culturais e diversos manifestacións como o activismo estudiantil. Axiña ingresou no Seminario de Estudos Galegos (SEG), do que asumiu o proxecto de estudo rigoroso da realidade galega e os seus presupostos creativos, cultistas, vangardistas e universalistas ou tamén a Federación Universitaria Escolar, da que foi presidente.

En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribuíu ao proxecto de Estatuto de Galicia. Entre 1933 a 1936 volve a Ferrol cunha praza de auxiliar administrativo no concello. Casa con María Ignacia Ramos, compañeira de estudos universitarios.

O Alzamento Militar sorprendeuno en Madrid. Carvalho posicionado no bando republicano, entra en combate no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, o sindicato no que Calero militaba e participou na defensa de Madrid. Trasladouse logo a Valencia e deseguido incorporouse ao exército de Andalucía. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista, foi detido e estivo dous anos no cárcere de Xaén. En 1941 saíu en liberdade provisional e regresou á cidade departamental. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado.
Restableceu os contactos cos galeguistas que aínda permanecian no país, especialmente con Francisco Fernández del Riego .

A partir de mediados dos 60 concentrouse nos estudos lingüísticos e de historia literaria. En 1965, permitiuselle exercer no ensino público no instituto Liceo Rosalía de Castro, de Santiago, ao tempo que comeza a impartir aulas de galego na universidade. En 1972 obtivo por oposición a cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Rexurdimento e os traballos do profesor Rodrigues Lapa, Carvalho Calero mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida.

A partir de mediados dos 60 concentrouse nos estudos lingüísticos e de historia literaria. Iniciou a publicación dos seus libros en castelán e, posteriormente, en galego.

Este autor de poemarios (Senderos, 1931; Salterio de Fingoy, 1961), de novelas (La gente de Barreira, 1951), de obras dramáticas (Auto del prisionero, 1970) .

Carvalho Calero colaborou coas revistas literarias da época como A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color.

Xubilouse en 1980, pero mantendo a súa actividade creadora, a suúa colaboracion con diversas asociacións e manifestacions culturais e un amplo labor como editor de clásicos latinos e gregos e un importantísimo traballo como investigador, recoñecidos coa súa inclusion na Real Academia Galega en 1958. Morreu en Compostela o 25 de marzo de 1990

Obra ensaística


  • Historia da Literatura Galega Contemporánea, (1963)
  • Sete poemas galegos, (1955)
  • Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal, (1961)
  • Gramática elemental del gallego común, (1966)
  • Brevario antológico de la literatura gallega contemporánea, (1966)
  • Edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, (1969)
  • Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle Inclán, (1970)
  • Sobre lingua e literatura galega, (1971)
  • Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro, (1972)
  • Poesías de Rosalía de Castro, con L.Fontoira Surís, (1972)
  • Estudos rosalianos, (1977)
  • Problemas da Lingua Galega, (1981)
  • Da Fala e da Escrita, (1983)
  • Letras Galegas, (1984)
  • Escritos sobre Castelao, (1989)
  • Do Galego e da Galiza, (1990) (Póstumo)
  • Unha voz na Galiza, (1992) (Póstumo)
Aqui podedes atopar numerosos ensaios deste fabuloso autor:

http://amediavoz.com/carballo.htm


Xesús Alonso Montero.

(Lucía Barbeito Campos)
(borja lopez santos editará este autor)

alonsomontero.jpg
X. Alonso Montero
Xesus Alonso Montero naceu en Vigo no 1928. Comezou o seu labor intelectual e cultural despois da Guerra Civil Española.
Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, con Premio Extraordinario. Doutórase en 1966 na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Curros Enríquez.

Militante do Partido Comunista desde 1962, foi represaliado en varias ocasións por mor das súas actividades políticas chegando a ser trasladado forzosamente, no curso 1975-76, ao instituto de Montilla (Salamanca).

Foi Catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio, exercendo en Palencia, Lugo e Madrid. Actualmente é membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega así como Catedrático Emérito de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

No campo da sociolingüística pode reclamar para si o papel de iniciador dos estudos sociolingüísticos modernos sobre o galego.
Este ensaísta e polígrafo é autor de numerosos estudos sobre importantes escritores galegos: Leiras Pulpeiro,Luis Pimentel, Celso Emilio Ferreiro ou Luis Seoane por nomear a algúns. Publicou tamén obras sobre outros moitos escritores da nosa terra: Mendiño,Neira Vilas, Lorenzo Varela, Vicente Risco, Ramón Cabanillas ou Álvaro Cunqueiro. Mais tamén son numerosas as súas incursións noutros ámbitos da literatura galega: a poesía popular, na que se centra na problemática social e cultural do idioma galego. O seu labor de estudoso non se cinxe unicamente á literatura en galego, tamén conta con estudos sobre autores da literatura española : Antonio Machado, García Lorca, Unamuno ou Valle-Inclán. Alén disto, é cualitativa e cuantitativamente salientábel o seu traballo como colaborador na prensa galega. Hai que destacar tamén o seu papel como conferenciante, nomeadamente en España e América.

Ao longo da súa extensa carreira profesional recibiu varios galardóns entre os que destacan: o premio Galicia de Xornalismo (anos 1986 e 1990), o premio Nacional de Xornalismo Julio Camba (1988) e o premio Otero Pedrayo (1989).
Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 1993, a proposta de Xosé Filgueira Valverde, Carlos Casares e Ramon Piñeiro.

Obra ensaística:

  • O que cómpre saber da lingua galega, (1969)
  • Escritores: desterrados, namorados, desacougantes, desacougados... ,(1981)
  • Decálogo da lingua galega, (1990)
  • Luís Pimentel: biografía da súa poesía, (1990)
  • Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado), (1991)
  • As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane, (1994)
  • Ensaios breves de literatura e política (1996)
  • Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999) (2000)
  • Páxinas sobre Rosalía de Castro (1954-2004) (2002)
  • A batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na UNESCO en 1954 (2003)
  • Curros Enríquez no franquismo (1936-1971) (2003)
  • A batalla de Montevideo. Os agravios linguísticos denunciados na UNESCO en 1954 (2003)
  • Intelectuais marxistas e comunistas en Galicia (2007)


Pilar García Negro.

Blanca Mosquera Lareo)
Fabiola gende editou este apartado

P_García_Negro.jpg
Pilar García Negro
Estudou Filoloxía Hispánica e Galega na Universidade de Santiago.Foi profesora de lingua no Eusebio da Guarda da Coruña e na Sardiñeira.Publicou a sección O idioma no semanario A Nosa Terra entre marzo de 1978 e agosto de 1979, seguíndolle Leccións de Literatura e de Lingua con Xosé María Dobarro de 1979 a 1980.
Pilar García Negro interviu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro Valentín Lamas Carvajal Pardo Bazán Castelao Xesús San Luís Romero Ramón Villar Ponte Eduardo Blanco Amor Ricardo Carvalho Calero Jenaro Marinhas del Valle Manuel María María Xosé Queizán Lois Diéguez Marica Campo Pilar Pallarés.Deu sempre as clases en galego, o que lle valeu a apertura dun expediente sancionador. Foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (1983-1988) e deputada no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1989 e 2003.
Obra
33 aproximacións á literatura e á língua galega(1984, 1990), en colaboración con Xosé Mª Dobarro.
O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991)
Sempre en galego (1993, 1999)
O ensino da língua: Por un cámbio de rumo(1995), en colaboración con Xoán Costa Casas.
-Poesia galega de Valentin Lamas Carvajal (1998)
-Direitos lingüísticos e control político (2000)
-Arredor de Castelao (2001).
-Rosalia Castro. Notas biográficas (2004) Edición, introdución e tradución da obra orixinal de Augusto González Besada.
-Confusión de María Balteira (2005) Edición e estudo introdutorio da obra de Marica Campo.
-El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas (2006) Edición e estudo introdutorio destas tres obras de Rosalía de Castro.

Vídeo de Pilar Garcia NEGRO na seccion de audiovisual

Ensaio teolóxico e filosófico:

Ramón Piñeiro

(Borja López_Revisado)
Ramon_Pinheiro.jpg
Ramón Piñeiro López naceu o 31 de maio de 1915 na parroquia luguesa de Armea, concello de Láncara e morreu en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990. Este home polifacético foi escritor, filósofo, editor, ensaísta e político galeguista.

Foi vivir a Lugo a estudar o bacharelato para regresar despois a Armea e máis tarde instalarse en Sarria, en 1931, onde traballou como contable na ferretería dun amigo do seu pai. No transcurso da campaña electoral ao pouco de proclamarse a República, Piñeiro asistiu a un mitin que deron Julio Sigüenza, Lois Peña Novo e Ánxel Fole, e o que alí escoita desperta o seu sentimento galeguista e o seu interese pola cultura e a política galegas.

En 1932, participou na fundación das mocidades do Partido Galeguista xunto outros compañeiros do Instituto. Pronto foi nomeado secretario de cultura. Alí coñeceu a Ramón Otero Pedrayo e outros persoeiros do galeguismo político: Castelao, Bóveda, Fole,Pimentel, etc.

Desde os seus primeiros momentos nas mocedades galeguistas destaca o seu intenso labor político, sendo en, 1936, con 21 anos, elixido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia, organizado polo Partido Galeguista.

Ante o alzamento militar de xullo de 1936, participou nunha comisión de partidos políticos en defensa da República,na que a Garda Civil ocupa o edificio para deter ao Gobernador e aos que o acompañaban. Piñeiro logra escapar, simulando ser un simple funcionario. Denunciado pola súa militancia política e por posuír armas, marcha a refuxiarse a Armea. Cando volve a Lugo comproba que se manteñen as denuncias contra el e decide seguir o consello dos seus amigos de incorporarse ó exército e loitar na guerra civil no bando nacional, na fronte de Aragón.

Rematada a guerra civil, Piñeiro regresa a Galicia e entra en contacto cos antigos compañeiros do partido que aínda quedaban vivos ou non fuxiran ó exilio, como Xaime Illa Couto ou Marino Dónegana, Servando Gómez-Aller de la Vallina, Manuel Gómez Roman, Ramón de Valenzuela e Fernández del Riego, cos que plantexa a reorganización do Partido Galeguista na clandestinidade. Deses contactos nace un Comité Executivo no que se integran Gómez Román, Plácido Castro, del Riego, Otero Pedrayo e o mesmo Ramón Piñeiro, como Secretario Político.

Piñeiro comeza a estudar a carreira de Filosofía e Letras nas universidades de Santiago e Madrid, da que nunca terminará. Segue a contactar con outros galeguistas en Madrid como Fermín Penzol, Xosé Ramón e Fernández-Oxea, Evaristo Mosquera, entre outros.

Ao regreso de París, no 1946, foi arrestado cando celebraba unha reunión clandestina en Madrid con representantes da Alianza Nacional de Forzas Democráticas. Como consecuencia desta detención, permaneceu tres anos na cadea, a pesar de que fora condenado a seis.

No1949 sae do cárcere e casa con Isabel López , establecendo o seu domicilio en Santiago, onde vivirá o resto da súa vida.

Neses anos, a restauración da república era impensable e Franco deixara claro que tampouco admitía a restauración monárquica. Piñeiro opta pola actividade cultural fronte á loita revolucionaria armada e política defendida polos exiliados. Agora buscábase máis a galeguización da sociedade e traballar para que os novos universitarios se involucraran co galeguismo independentemente da súa ideoloxía política ou postura artística.

Fronte á nova ideoloxía de Ramón Piñeiro e outros galeguistas do interior, xorden duras críticas. Os exiliados defendían a república como única saída política, mentres que os primeiros xunto aos socialistas e os nacionalistas vascos e cataláns, argüían que a forma concreta do futuro réxime importaba moito menos que a recuperación democrática. A maiores, tampouco aceptaban unha dirección no exilio e buscaban, pola contra, que a toma de decisións se orixinase no interior de Galicia.
Durante o franquismo, determinados ideólogos do galeguismo foron especialmente críticos con Ramón Piñeiro e co grupo representado por Galaxia, tratándoos de "conservadores". Exemplo disto foi Xose Luis Méndez Ferrín, ideólogo do nacionalismo revolucionario.

No 1970, participou na fundación do Partido Socialista Galego, xunto a persoeiros como Salvador García Bodaño, Xosé Luís Rodríguez Pardo, Cesáreo Saco ou Manuel Caamaño, pero non tódolos galeguistas estaban de acordo con isto e xorden discrepancias das que nacen nace, por exemplo, a Unión do Pobo Galego, en 1964.

Cando chega a democracia, Piñeiro, que nunca deixou de defender a postura do "galeguismo difuso" é dicir, tinguir todos os partidos de galeguismo en vez de ter un único partido galeguista. Deu exemplo desta postura e formou parte do primeiro Parlamento Autonómico, entre 1981 e 1985, como deputado pola provincia da Coruña, como independente dentro das listas do PSdeG, xunto con outras destacadas figuras da cultura galega como Alfredo Conde ou Benxamín Casal. Previamente foi candidato ó Senado por Lugo, pola Candidatura Democrática Galega, sen acadar o escano.

Da súa carreira política cómpre salientar o seu labor de relator da primeira Lei de Normalización Lingüística de Galicia, da que foi un dos seus auténticos pais.

Piñeiro dirixiu a editorial Galaxia e traballou nela até 1966. Publicando, sobre todo ensaios, ademais numerosos artigos , que asinaba baixo o pseudónimo de Luís Veiga do Campo, así como colaboracións en obras colectivas e prólogos de libros.

En 1966 trasládase a Estados Unidos como profesor invitado da Universidade de Middlebury, en Vermont, onde impartiu cursos sobre o pensamento español, ate 1970.

O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega.

En 1983 foi elixido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, cargo do que dimiteu en 1989 por mor dunha enfermidade. Finalmente, a primeiros de 1990 morre a súa dona, e, o 27 de agosto de 1990, morre el a consecuencia dunha insuficiencia hepática.

A Real Academia Galega decidiu o 5 de xullo de 2008 dedicarlle o Día das letras galegas do ano 2009.

A obra escrita por Ramón Piñeiro non é abundante, centrada na filosofía da "saudade". Ademais publicouse a súa correspondencia, por exemplo, con Carlos Casares. Tamén foi tradutor ao galego de obras de autores europeos como Pokorny ou Heidegger.


  • A saudade en Rosalía (1952)
  • La saudade (1953)
  • Pra unha filosofía da saudade (1953)
  • A lingua, sangue do espíritu (1959)
  • A filosofía i o home (1963)
  • A lingoaxe i as língoas (1967)
  • Olladas no futuro (1974)
  • Lembrando a Castelao (1975)
  • Vicisitudes históricas da cultura galega (1975)
  • Filosofía da saudade (1984)
  • Castelao político (1986)
  • Cartas para os amigos (1992) (póstumo)
  • Galicia (1999) (póstumo)
  • Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000) (póstumo)
  • Da miña acordanza (2002) (póstumo)

Vídeos de Ramón Piñeiro na sección de audiovisual

Xosé Chao Rego.

(Lucía Barbeito Campos)
(1ª revisión: Iago Castro)
Xosé Chao Rego
Xosé Chao Rego
Xosé Chao Rego naceu en 1932 en Vilalba. Cursará os seus estudos en Mondoñedo, até que con quince anos marche a Salamanca a estudar Filosofía.
Posteriormente tamén recalaría en Roma onde acabaría a carreira de Teoloxía.
Xa de volta en Mondoñedo farase cargo da direción do Seminario Menor, e tamén exercerá durante 17 anos como párroco dunha pequena parroquia de Ferrol.
En 1976 volta a súa casa natal onde levará a cabo un importante labor como ensaísta no campo antropolóxico e teolóxico.
Foi promotor das revistas de renovación cristiá, "Irimia" e "Encrucillada", ademais colabora semanalmente en "La voz de Galicia".
Recibiu o Premio de Ensaio da Crítica en 1983, foi finalista do Premio Nacional de Literatura polo seu ensaio "Eu renazo galego" e no ano 2002 dedicóuselle o Día das Letras Chairegas.

Andrés Torres Queiruga.

(Lucía Barbeito Campos)
(borja lopez santos editará este autor)

andres_torres.jpgAndrés Torres Queiruga naceu en Aguiño (Ribeira) o 28 de maio de 1940. Estudiou no Seminario de Santiago de Compostela, na Universidade Pontificia de Comillas e, logo de ordenarse sacerdote, estivo varios anos entre Roma e Alemaña preparando a súa tese de doutoramento, sobre o teólogo compostelán Amor Ruibal. Na actualidade é profesor de Filosofía da Relixión na Universidade de Santiago de Compostela.

Torres Queiruga é un dos fundadores de Encrucillada, Revista Galega de Pensamento Cristián, unha publicacion creada en 1977 desde a que se reivindica o uso da lingua galega na Igrexa. Tamén coordinou o equipo de especialistas queparticipou na traducción da Biblia ao galego e publicou diversos ensaios e artigos e recibiu o Premio da Crítica en 1978.

En xuño de 2003, a Fundación Otero Pedrayo outórgalle o premio Trasalba e o teólogo presenta a súa nova obra Da filosofía da saudade.

Obras ensaisticas:

  • Teoloxía e sociedade, (1974)
  • Constitución y evolución del dogma: la teoría de Amor Ruibal y su aportación, (1977)
  • Recupera-la salvación, (1977)
  • Nova aproximación a unha filosofía da saudade, (1981)
  • A revelación como maieútica histórica, (1984)
  • Rolda de ideas, (1984)
  • A revelación de Deus na realización do home, (1985)
  • Creo en Deus Pai. O Deus de Xesús e a autonomía humana, (1986)
  • Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri, (1990)
  • Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora, (1996)
  • Fin del cristianismo premoderno. Retos hacia un nuevo horizonte, (2000)
  • Repensar a resurrección. A diferencia cristiá na continuidade das relixións e da cultura, (2002)
  • Para unha filosofía da saudade, Ourense, (2003)


Antón Baamonde

(Lucía Barbeito Campos)
(Rebeca Lendoiro revisou este apartado)
antonbaamondeorixeliteratura.jpg
Antón Baamonde
Antón Baamonde, nado en Vilalba no ano 1959 nunha familia de certa importancia xa que o seu avó foi fundador das Irmandades da Fala local, pasou a formar parte da oposición ao franquismo e máis tarde destacou na esquerda galeguista. Actualmente é profesor de filosofía nun instituto, xa que estudou a carreira de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, e ademais é ensaísta.
É colaborador habitual na prensa galega, pois publicou numerosos ensaios e artigos en La Voz de Galicia, La Opinión, A Nosa Terra e Diario de Galicia, e tamén en revistas como Galicia Internacional, Obradoiro, Agalia, Luces de Galiza e Grial.
Formou parte do Consello de Redación da revista Luzes de Galiza e foi o seu coordinador. Tamén redactou manifestos que fixo púbicos o citado foro. Ten impartido conferencias nas universidades de Santiago de Compostela, Barcelona, Oviedo, Oxford, Varsovia e Cracovia, participando nos encontros de Verines, organizados cada ano por Víctor García de la Concha (director da RAE).
Organizou numerosos eventos e xornadas no marco de distintas institucións como o Consello da Cultura Galega, COAG, etc. pero sobre todo, é un dos principais impulsores do proxexto, acometido pola sociedade Edicións de Referencia, que busca a saída á rúa dun novo diario galeguista e progresista.
Publicou o seu primeiro libro, A favor da esperanza, en 1987, ao que seguiron O marxismo e as linguaxes, Sobre o tempo e outros desatinos, A rosa sen porqué e o libro de entrevistas e La reinvención de España. Ademais, participou no libro colectivo Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista.
Antón Baamonde está considerado como unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea.

Ensaio antropolóxico e etnográfico:

Marcial Gondar Portasany.

(Lúa Cruz ocúpase deste autor.)
(Fabiola Gende editou este apartado)

Gondar_Portasany.jpg
Marcial Gondar
Marcial Gondar Portasany (Pontevedra, 1948) é profesor titular de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago, membro da Sección de Etnografía do Instituto de Estudios Galegos P. Sarmiento e mais do Patronato do Museo do Pobo Galego.
Comezou publicando traballos sobre o proceso de transformación da sociedade campesiña galega.Posteriormente dedicouse ao estudo da morte da cultura galega. Actualmente investiga en problemas de antropoloxía urbana, comunicación e marketing.
Publicou ¿Fracaso del corporativismo agrícola en Galicia? Aportacións para unha teoría do cambio social (Valencia, 1977)
Obras:
Mulleres de mortos
Romeiros do alén
Galicia. Una luz en el Atlántico
Galicia. Unha luz no Atlántico
¿Fracaso del corporativismo agrícola en Galicia?
Se vos interesa comprar libros deste autor consultade esta páxina
E nesta páxina encontraredes unha entrevista ao autor:
www.feafesgalicia.org/arquivos/A_medicina_da_alma.pdf

Xosé Manuel Mariño Ferro

(Borja Freire)
(María Fernández revisará este apartado)

xose_ramon_marino.jpg
Xosé Manuel Mariño Ferro
Nado en Castrofeito, O Pino a data de 9 de xaneiro de 1950.
Licenciado en Antropoloxía Americana na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago (1974), é doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Autónoma de Madrid, coa tese titulada Morte, relixión e símbolos en Chaquilla unha comunidade quechua da Altiplanicie boliviana (1984). É Profesor de Antropoloxía Cultural na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.
Forma parte de varias asociacións de antropólogos e participou en diversos traballos de investigación financiados pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación. É especialista no estudo do simbolismo na cultura tradicional, o que lle permite entender prácticas e crenzas ata agora consideradas supersticiosas e irracionais como a bruxería, o medicamento popular, etc. Nas súas obras descóbrese unha cultura popular que nada ten que ver cos tópicos, pois mostra a funcionalidade non só da cultura material senón tamén dos costumes e das crenzas que normalmente son tomadas por supersticiones. O antropólogo sostén que en Galicia existía "unha festa exactamente igual có Halloween".
A súa obra:
Autor de numerosas publicacións, cabe destacar: ''Satán, sus siervas las brujas y la Religión del Mal'' (1984), ''Cultura popular'' (1984), La medicina popular interpretada I e II'' (1985/86), ''Autobiografía dun labrego'' (1986), ''Las romerías. Peregrinaciones y sus símbolos'' (1987), ''Entroido en Galicia'' (1987), Muerte, religión y símbolos'' (1989), ''A nena de Vilamarín'' (1990), ''O sexo na poesía popular galega'' (1995), ''Lobos, lobas e lobishomes'' (1995), ''Aparicións e Santa Compaña'' (1995), ''Contos marabillosos'' (1996), ''Liño aprende a ser indio'' (1996) e ''Antropoloxía de Galicia'' (2000).

Ensaio feminista:

María Xosé Queizán.

(Alba Longueira)
(Borja Lopez Santos revisara a esta autora )

MaríaXoséQueizán.jpg María Xosé Queizán naceu en Vigo no 1939. Esta emprenndedora catedrática de lingua e literatura galega, novelista, conferenciante, ensaista, tradutora, contacontos, dramaturga, poeta etc. Foi profesora de lingua galega e literatura no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo e unha das figuras pioneiras máis relevantes do movemento feminista en España.

Comezou a súa carreira como escritora na súa adolescencia, escribindo artigos para o periódico vigués "El Pueblo Gallego".
A principios dos setenta trasladouse a París, onde coñece a nova novela francesa na procura do espallamento das súas ideas emancipatorias revolucionarias, cando falar do feminismo era máis ca unha proeza, enfrontando os aspectos máis difíciles da realidade das mulleres, cun estilo irónico e educativo. Tamén desde os 80 dirixe a revista de cultura, pensamento e escrita, Festa da palabra silenciada, que servirá como plataforma da escrita feminina destas décadas, de fóra e de dentro do país.

Os seus ensaios feministas tratan temas polémicos e controvertidos como a colonización sexual das mulleres, a homosexualidade, o racismo, a politica, etc. A súa estancian en París e o achegamento polo tanto da novela francesa axudaranna a escribir no 65 a súa primeria novela A orella no buraco obra que a crítica coloca na Nova narrativa Galega.

Traduciu obras como: O caderno azul de Margarite Yourcenar, e tamén contos de Karen Blixen, Emilia Pardo Bazán e Charlote Perkins.

Na actualidade, e desde os anos 80, traballa con publicacións en seccións de actualidade na prensa galega ("Faro de Vigo", "La Voz de Galicia" , directora da revista cultural “Festa da palabra silenciada” e, desde 1999, da colección “As Literatas” de narradoras das Edicións Xerais de Galicia, onde procura dar a luz textos da narrativa feminina que non tiveron a consideración que merecían no seu tempo.

Obras ensaísticas:

  • A muller en Galicia, (1977)
  • A nova narrativa ou a loita contra o sentimentalismo, (1979)
  • Recuperemos as mans. Santiago de Compostela , (1980)
  • A muller galega no ensino. A muller e a cultura , (1981)
  • Evidencias , (1989)
  • Escrita da certeza. Por un feminismo optimista, (1995)
  • Marxismo e feminismo, (1995)
  • Construir a paz. Cultura para a paz , (1996)
  • Misoxinia e racismo na poesía de Pondal , (1998)
  • A homosexualidade a debate, (2002)
  • O Ensino Publico e o legado da Ilustracion, (2002)
  • Racionalismo político e literario, (2004)
  • Anti Natura, (2008)


Carmen Blanco.

Lúa Cruz encárgase deste autor
Uxía Meijide revisará este apartado

Carmen_Blanco.jpgA escritora lucense Carmen Blanco centrouse especialmente, como ensaísta, nas interrelacións de poder, muller, sexo, cultura e literatura, temática feminista e libertaria na que abriu camiño en Galicia cos libros Literatura galega da muller (Xerais, 1991), Escritoras galegas (Compostela, 1992), Libros de mulleres (Do Cumio, 1994), 0 contradiscurso das mulleres (Nigra, 1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995), Mulleres e independencia (Do Castro, 1995), El contradiscurso de las mujeres (Nigra, 1997, versión actualizada da obra homónima traducida por Olga Novo), Luz Pozo Garza: a ave do norte (Linteo, 2002), Alba de mulleres (Xerais, 2003), Sexo e lugar (Xerais, 2006) e María Mariño. Vida e obra (Xerais, 2007). Tamén é autora de Estraña estranxeira (BVG, 2004), mostra dunha obra poética en marcha, e, no xénero narrativo, do libro Vermella con lobos (Xerais, 2004), recreación libertaria de contos clásicos universais.

Sobre literatura e cultura galega publicou os libros Conversas con Carballo Calero (Galaxia, 1989) e Carballo Calero: política e cultura (Do Castro, 1991), así como diversas edicións introducidas de autores contemporáneos: Códice Calixtino (Xerais, 1992), Historias fidelísimas (Linteo, 2003) e Memoria solar (Linteo, 2004) de Luz Pozo Garza, e, en colaboración con Claudio Rodríguez Fer, Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín (Xerais, 1989) e Os eidos de Uxío Novoneyra (Xerais, 1990). Editou e introduciu a mostra bilingüe de poesía galega Extranjera en su patria (Círculo de Lectores / Galaxia Gutenberg, 2005). Colaborou en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

Formou parte do movemento feminista galego dende o seus inicios nos anos setenta (Asociación Galega da Muller e Feministas Independentes Galegas). Nos anos oitenta e noventa participou na revista feminista Festa da Palabra Silenciada e colaborou na sección feminista colectiva "Lilith" de La Voz de Galicia. É autora da letra do himno galego da Marcha Mundial das Mulleres, "Marchando máis alá" (2000), interpretado por Pilocha e Milladoiro.

En 1977 formou unha tribuna libertaria denominada Unión Libre con Claudio Rodríguez Fer, con que posteriormente coordina Unión libre. Cadernos de vida e culturas, revista anual que dedicou monográficos a Mulleres escritoras, Labirintos celtas, Literaturas integrais, Erotismos, Cantares, Negritudes, Indíxenas, Paz, Memoria antifascista de Galicia, Amores, Vermellas e Cinemas (Do Castro, 1996-2007).

Creou o heterónimo Emma Luaces en homenaxe á anarquista rusa Emma Goldman e á súa liñaxe materna das Luaces da aldea de Ver, co que publicou unha versión galega de Safo de Lesbos e o poemario "Lobo azul" nos cadernos Unión libre. Mantivo a sección "Musa libertaria" na revista Marea Negra dende o ano 2004. Pertencente a familia represaliada polo franquismo, é secretaria da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo dende a súa fundación no ano 2005 e forma parte do Consello da Memoria dende o 2006.

Cultivou a creación plástica deseñando e ilustrando os poemarios Tigres de ternura (Reprografía 1846, 1981), Historia da lúa (Galaxia, 1984), Vulva (Libros da cebra, 1990) e A muller núa (Compostela, 1992) de Claudio Rodríguez Fer, ao igual que o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor.

Exerce como profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo e foi profesora agregada de Lingua e Literatura Española e de Lingua e Literatura Galega de ensino medio en Santiago de Compostela, Chantada e Lugo, así como titular destas últimas disciplinas na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo.

En 1974 comezou a súa relación amorosa con Claudio Rodríguez Fer, a quen dedicará todos os seus libros e con quen terá a súa filla Mariña.

Como curiosidade dicir que hai montóns de páxinas webs para compralos seus libros. Dous exemplos:
www.unilibro.es/find_buy_es/result_scrittori.asp?scrittore=BLANCO%2C+CARMEN&idaff=0

www.casadellibro.com/fichas/fichaautores/0,,BLANCO32CARMEN,00.html?autor=BLANCO32CARMEN

Obras:

Alba de mulleres

• Carapuchiña Vermella vista por
• Carballo Calero: política e cultura
• Comentarios de textos contemporáneos
• Conversas con Carballo Calero
• Do amor e da literatura
• Escritoras galegas
• Estraña estranxeira
• Libros de mulleres (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992)
• Literatura galega da muller
. Luz Pozo Garza. A ave do Norte
• María Mariño. Vida e obra
• Mulleres e independencia
• Nais, damas, prostitutas e feirantas
• O contradiscurso das mulleres. Historia do proceso feminista
• Palabras con fondo: un compromiso dos escritores de Galicia coa cooperación e a solidariedade internacional
• Poemas pola memoria (1936-2006)
• Sexo e lugar
• Vermella con lobos


Ensaio biocientífico e medioambiental:

Carlos Vales.

(Noelia Fernández Otero)
(revisará este apartado María Fernández Plaza)

Pódese incluír dentro do ensaio biocientífico e medioambiental.Este é o formado por disciplinas como a Medicina,a Bioloxía,a Química,a Física,as Matemáticas,etc,o campo en que o desenvolvemento do ensaio en galego presenta aínda un déficit notorio.
Carlos Vales,Biólogo e Catedrático de Ciencias Naturais, é especialista en educación ambiental,e en conservación e xestión da biodiversidade e áreas protexidas.

Publicacións :
Forgoselo, Espacio Natural. (1992), Bahía Edicións. A Coruña.

As Fragas do Eume (1993), Servicio de Estudios e Publicacións da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.

O Lobo, a Extinción de Especies e outros Ensaios sobre Conservación (1994), Edicións Laiovento, Santiago de Compostela.

Inclúe os ensaios :
A conservación dos bosques antigos galegos. (Pp. 13-62)
O lobo: apontamentos, cavilacións e proposta.(Pp. 63-106)
Os encoros hidroeléctricos e o seu impacto. (Pp.107-170)
A extinción de especies. (Pp. 171-286)

*É Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA ).

Ensaio sobre temas humanístico-sociais:

Miguel Anxo Fernández.

Alba longueira
(Fabiola Gende editou este apartado)
Miguel_Anxo_Fernández.jpg
Miguel Anxo Fernández


Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955).Licenciado en Historia e Xeografía. Escritor, ensaísta e historiador cinematográfico tamén é profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade de Vigo. Crítico de cine e televisión do xornal La Voz de Galicia. Tamén exerce a crítica cinematográfica nos programas como: Diario Cultural, Radio Galega, Radio Voz… Presenta o espazo A Vía Láctea no programa Planeta Cine, na Televisión de Galicia. Asemade, foi vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual entre 2002 e 2006.
Membro da Sección de Comunicación, da Comisión Técnica de Televisión e da Comisión Técnica de Audiovisuais e Artes Plásticas, do Consello da Cultura Galega.
Actualmente coordina o plan experimental Audiovisual nas Aulas (2003-2007)
Director do Curso de Verán Cine e Literatura, da Universidade de Vigo e Fundación Carlos Casares.
Recibiu numerosos premios entre os que destacan:
2001 - Sempre en Galiza de Ensaio por As imaxes de Carlos Velo (Concello de Pontevedra)
2002 - Chano Piñeiro Historia da Galicia Cinematográfica por A Bella Otero, pioneira do cine (Federación de Cine clubs de Galicia).
2002 - Manuel García Barros pola novela Un nicho para Marilyn (Concello da Estrada) .Audiovisuais.
2000 - Honorífico Fernando Rey dos Premios AGAPI (Asociación Galega de Productoras Independentes)
2004 - Honorífico Fundación AIGSE (Fundación Autores e Intérpretes Sociedad de Gestión de España).
Especializado en Historia da Arte,Arte, Xeografía e Historia de Galicia.Posúe o diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e de Historia, comunicación e Xornalismo,onde prepara a súa tese doutoral sobre "Galicia no cartelismo cinematográfico".

Obras ensaísticas:

-15 anos do Cineclube Carballiño. Entregas de Comunicación Cultural. Nº 7. Santiago. Consellería de Educazón e Cultura/Xociviga, 1984.
-O Carballiño. Vellas Historias, vellas fotografías. 1870-1970. O Carballiño, Xociviga, 1992.
-O Carballiño. Crónica de cine. 1900-1994. A Coruña. CGAI, 1994.
-Carlos Velo Cine e exilio. Vigo, A Nosa Terra, 1996. -Carlos Velo mestre do documental. Centro Galego de Artes da Imaxe, 2001.
-As imaxes de Carlos Velo. A Nosa Terra/Concello de Pontevedra. Vigo, 2002.
-A Bela Otero, pioneira do cine. Galaxia. Vigo, 2003.
-Emilio Baños Santos, unha vida entre películas.Centro Galego de Artes da Imaxe, 2004

Alfonso Eiré.

(Isabel Pérez)
(María Fernández editó este apartado pero no sabe poner la foto )







Alfonso Eiré López
Nado no ano 1955 é natural da chantadina parroquia de Laxe. Prestixioso xornalista e escritor entrou a estudar no Seminario de Lugo trasladándose con posterioridade a capital do Estado para cursala carreira de xornalismo. Cómpre non esquecerse que a súa paixón por ese ámbito veu de moi novo xa que cando aínda era estudante de instituto xa colaboraba co diario El Progreso, sito na capital lucense.
Tempo despois ingresou na revista de corte xuvenil “O Cabeceiro”, sendo o principio dunha extensa traxectoria de vínculo cos medios de comunicación. No ano 1977 entrou a formar parte do equipo do xornal vigués “A Nosa Terra”(http://www.anosaterra.org/), que é un seminario de ideais nacionalistas e ligado co sector do BNG

onde aínda continúa na actualidade co cargo de director, que comezou a exercer na data de 1983. Froito de todo este traballo fóronlle outorgados dous Premios Galicia de Xornalismo e o Xulio Camba. Paralelamente a esta actividade xornalística desenrola outra coma literato onde está a acadar recoñecidas cotas de prestixio. Isto ven referendado polos numerosos galardóns literarios que lle foron concedidos os cales abranguen diversos ámbitos: poesía, narrativa e ensaio. Entre as súas obras principias destacan: “O fútbol na sociedade galega”, “Eu tamén fun coas vacas”, “Os límites do dereito á información: xornalistas ante lei ” realizada xunto con diversos autores

Elvira Souto.

(Isabel Pérez.)
(Borja Lopez Santos revisa este autor)

elvira.jpg
Elvira Souto
Os seus ensaios tratan temas humanísticos e sociais.
Elvira Souto Presedo é professora de Didáctica da Língua e a Literatura na Universidade da Coruña. É autora dos libros Contribuiçom ao Estudo do Romance Iniciático Galego, Viagens na Literatura e Vínculo de Sangue. É tamén responsábel da primeira edicion anotada de Follas Novas de Rosalia de Castro e tradutora de obras dramáticas e narrativas (A Mordaça, de alfonso Sastre; Crias de Raposa, de lillian Hellman; O seu olhar posto em Deus, de Zora neale Hurston, Jacomo Joyce, de James Joyce; Histórias de Califórnia, de Alfonso Sastre; relatos breves de Flannery O'Connor, Alice Walker, Cade Bambara, etc).

No seu dia, e como membro da Comissom Linguística da AGAL, também participou na Elaboracion do Estudo Crítico das "Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego" e do Prontuário Ortográfico Galego.
As súas obras relevantes son:

Traduçon e ensino lingüístico.
Socio-didáctica lingüística.
Viagens na literatura.
O romance portugués actual:uma literatura de autognose.

Margarita Ledo Andión.

(Alba Longueira)
(Alejandro gesto revisara este apartado)

MargaritaLedo.jpg
Margarita Ledo Andión
Margarita Ledo Andión nada enCastro de Rei o 5 de febreiro de 1951, é unha periodista e escritora galega. Estudou Filosofía e Letras na universidade de Santiago de compostela, ainda que non a chegaría a rematar. Militante na Unión do Pobo Galego, as súas actividades políticas nazonalistas forzaron o seu exilio en Portugal (1974-1976), onde traballou como lectora de galego na Universidad de Letras de Oporto. Titularíase máis tarde en Periodismo na universidade de Barcelona.

Exerceu como directora do semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980 e realizou numerosas investigacións sobre a nosa prensa. Foi profesora da Universidade Auntónoma de Barcelona (1983-1991) e é profesora da Facultad de Ciencias da Información da Universidad de Santiago de Compostela desde 1991. Como escritora publicou a súa primera obra, o poemario Parolar cun eu, cun intre, con inseuto, en 1970, ao que siguiría O corvo érguese cedo en 1973. Publicou asemade, o libro de relatos Mama-fé (1983) e as novelas Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985) e Porta blindada (1990).

Traballa no campo da imaxe, tanto fotográfica como audiovisual, concretamente no eido documental, como analista e como creadora. Margarita Ledo, arestora é un referente no eido do pensamento documental e é considerada dinamizadora deste tipo de imaxe, outorgándolle relevancia ao papel das culturas minoritarias, en especial da área atlántica, dentro da industria cultural. En canto aos traballos audiovisuais hai que destacar Santa Liberdade (2004), no que conta o asalto, en 1961, ao transatlántico Santa María por parte do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), un grupo de anarquistas, galeguistas, comunistas, masóns e socialistas, co fin de derrocar o réxime de Salazar en Portugal e de Franco en España. Con esta investigación documental, realizada a partir de testemuñas e sen voz en off, reconstrúese unha historia espectacular de resistencia política.

Non hai que esquecer, que é unha das personalidades literarias máis interesantes do noso tempo, quinta muller que ocupará unha cadeira na RAG. a súa poesía destaca pola madureza e por un nerrviosismo peculiar, cualidade que a fai máis inquedante a cada lectura., é unha das personalidades literarias máis interesantes do noso tempo, e a súa poesía, madura xa desde os seus inicios, é dunha ne, é Nofdgrtert45eunha das personalidades literarias máis interesantes do noso tempo, e a súa poesía, madura
Obras ensaísticas:
-Prensa e galeguismo (1982)
-Foto-Xoc e xornalismo en crise (1988)
-O diario post-televisivo (1992)
-Documentalismo fotográfico contemporáneo (1995) dunha nerviosa e peculiar
rviosa
ehttp:www.prazadasletras.org/letras/autores/autor/451/margarita-ledo-andion peculiar cualidade que a fai máis conmovente e inquedante a cada nova lectura.

Guillermo Llorca.

(Isabel Pérez; Uxía Meijide revisará este apartado)

Escritor e historiador ferrolán, o seu último traballo é Ferrol: memoria da vida cotiá.
Colabora tamén en obras colectivas como Periodismo y publicaciones ferrolanas en la Armada.
Outros dos seus libros son:
Historia da prensa ferrolá e Traballos prácticos d xeografía