Tendencias actuais da lírica, da narrativa, da dramática e da ensaística.



Páxina editada 97 veces. Última modificación: May 16, 2013 4:39 am GMT por - NolaDrake NolaDrake

LETRAS GALEGAS 2013

external image tg_carrusel_cabecera_grande.jpg


"Se cada época ten as súas persoas de referencia, a segunda metade do século XX estará para sempre marcada en Compostela pola figura de Roberto Vidal Bolaño. Imposíbel imaxinar xa a cidade sen a súa poderesa presenza, mais igual de difícil se nos fai sen el concibir o noso teatro contemporáneo. [...] Nas rúas de Compostela botamos en falta o andar pousado de Roberto Vidal Bolaño. Damos aínda media volta cando vemos un chapeo negro sobre unha longa figura, e continuamos..."
Néstor Rego Candamil (Cultura Santiago de Compostela)

En xeral, o teatro de Vidal Bolaño caracterízase por un forte simbolismo e pola combinación entre elementos da tradición popular galega con outros tirados da realidade sociocultural do momento. O ton farsesco disimula escasamente unha amarga e sombría crítica desa realidade. Aínda así, a súa actividade profesional estendeuse tamén ao cine e á televisión como guionista, actor, e en labores de produción e direción.

O Diccionario da Literatura Galega define a Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) como autor, director, actor e un dos promotores do teatro independente galego. É unha figura imprenscindible para comprender a dimensión do teatro galego e, xa que logo, do noso sistema litearario.
Comezou no mundo teatral da man do grupo Antroido que funda no ano 1974 e co cal comeza a representar moitas das súas pezas. Falar deste grupo mais de Abrente ou de Teatro do Aquí significa referirnos de inmediato á súa obra e supón achegarnos a algúns dos mellores textos da nosa literatura.
Desde os anos 60 foise convertendo no home-teatro
Desde os anos 60 foise convertendo no home-teatro


O grupo teatral, Teatro do aquí, é unha compañía de Galicia e para Galicia que trata temas galegos.Como director desta compañía levou a escena montaxes como Anxeliños, Oé,oé,oé, A ópera de a patacón, Días sen gloria, Saxo tenor, Criaturas, Os papalaguie Animaliños...



Bolaño, como escritor, a súa é unha das producións máis importantes do teatro galego contemporáneo, merecedora do constante recoñecemento de xurados e crítica, aínda que non toda chegou a ser publicada e outra foino en data moi tardía: Laudamuco, señor de ningures (publicada en 1977 na Ed. Pico Sacro) foi Premio Abrente 1976. Outras obras súas son Ledaíñas pola morte do Meco(1977), Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón, ou como trocar en rato pequecho ao meirande xigantón (Mención honorífica no III Concurso de Teatro Infantil O Facho), Memorias de mortos e de ausentes (Mención honorífica no Premio Abrente 1978), Bailadela da morte ditosa (Premio Abrente 1980 e publicada en 1992), e Ruada das papas e do unto(Mención honorífica no V Concurso de Teatro Infantil O Facho). En 1982, a compañía Antroido estreou Touporroutou da lúa e do sol (Ed. ASPG, 1996).
En Días sen gloria, Premio Rafael Dieste 1992 e finalista do Premio Nacional de Literatura Dramática, Vidal Bolaño amosa de novo a súa capacidade para tratar dun xeito orixinal temas que se prestarían doadamente ao tópico grandilocuente.


Con Réquiem –versión española de Doentes– é finalista na edición de 1995 do premio de teatro Tirso de Molina, obtendo en 1997 o Premio Rafael Dieste. Así mesmo, foi galardoado co Premio María Casares ao mellor texto orixinal por Anxeliños e co Premio Xiria ao labor teatral.
Con As actas escuras obtén en 1992 o Premio Xacobeo de Textos Teatrais. Esta obra, como ocurre con Saxo Tenor, destaca por ter períodos moi longos, con moitas oración subordinadas. Isto provoca certa dificultade para poder entender os textos se a lectura non é clara. Vexamos:
  • CASIANO: Segundo a Historia Compostelana continuou como obxecto de veneración na actecámara sepulcral. Pero ó parecer, ó amezar inevitable
ruína o monumento primitivo, cara ó ano 1112, Xelmírez, ser reparar en nada que contrariase a beleza e suntuosiade do edificio, non
vacilou en destruír ata chegar ó pavimento todo canto quedaba en pé da vella cripta romana. Variou a colocación do sarcófago,
encerrouno nunha cámara riquísima cuberta por dúas grandes pedras planas, deixando a un extremo certa xaneliña ou respiradeiro que
só permitía ver o sepulcro e sobre elas fixo un altar onde engarzou a metade da columna, ocula á vista dos fieis por un soberbio frontal de
external image as%20actas%20escuras.jpgprata de poñer e quitar. O curioso é que no ano 1129 fechouno todo, mesmo as escaleiras por onde se baixaba á bóveda, co fin de evitar para sempre que os prelados composteláns se visen comprometidos a cederen máis reliquias de Santiago. E dende entón non hai memoria documental ningunha que acredite que alguén baixase á cripta ata que o fixo Don Juan de San Clamente.

Ricardo de Barreiro: Casiano.
Ricardo de Barreiro: Casiano.

*Fragmento das' Actas escuras.


Con Percival, adaptación teatral de textos de Méndez Ferrín, Vidal Bolaño recibiu a Medalla de Ouro Ciudad de Valladolid ao mellor texto dun autor español vivo na temporada 1983-84.
O Romance dos figos de ourofoi estreada por Antroido no 83 e Agasallo de sombraspolo Centro Dramático Galego en 1984; Caprice des Dieuxfoi posta en escena por Antroido en 1985 e Cochosen 1988 por Uvegá Teatro.

Entre os seus últimos traballos como director figuran tamén Xelmírez ou a gloria de Compostela, de Daniel Cortezón, montado polo Centro Dramático Galego en 1999, e Rosalía, de Ramón Otero Pedrayo (CDG, 2001). Ademais,acompañía instituciona ltamén puxo en escena outras dúas obras escritas por Vidal Bolaño:
A burladogalo,dirixida por Xan Cejudo no ano 2000; e MarRevolto ,dirixida por José Martin sen 2001 ecoproducida xunto co Teatro do Noroeste de Vianado Castelo,a Compañíade Teatrode Braga,o Festival Internacional de Teatro de Expresión Ibérica (FITEI) eo Festival de Teatro do Eixo Atlántico (Festeixo).

Fragmento do documental, Un chapeo negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño.



Tendencias do teatro actual.

(Nola revisará este apartado 2011-2012)

O teatro actual comeza a partir do ano 1975, aínda que xa nos 60 comeza a xurdir un novo teatro en Galicia: montaxes escénicas de calidade, defensa da lingua e da liberdade e desexo de proxección profesional; e exténdese ata a actualidade.
Diferenciamos 3 etapas no teatro actual ordeadas cronoloxicamente. A primeira delas comprende dende 1973 (data de inicio da I Mostra de Teatro baixo a Asociación Cultural Abrente) até 1980 (data da derradeira Mostra de Teatro de Ribadavia). Os autores desta época conseguiron a normalización lingüística do teatro, xa que acabaron coa diglosia; os subxéneros que destacan son a farsa, a alegoría e a traxicomedia.
Xa na década dos 70 aparecen os concursos teatrais O Facho da Coruña (1973) e O Ateneu (1978). O Facho converteuse tamén nun grupo teatral ademais do Teatro Circo, do que naceu a Escola Dramática Galega (EDG).
A obra máis importante deste periodo é a traxedia experimental referida á Guerra Civil o Zardigot escrita por Euloxio Rodríguez Ruibal; coa que gañou en 1973 o premio Abrente de teatro.
As outra dúas etapas que compoñen o teatro actual son a Xeración dos 80 e a Xeración dos 90 expostas abaixo cos seus autores e obras máis importantes.

OS PREMIOS MARÍA CASARES
Os Premios anuais de Teatro María Casares foron creados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia para serviren de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega. Estes premios emitidos pola TVG celébranse o 27 de Marzo, data coincidente co Día Mundial do Teatro.
Estes galardóns son concedidos pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), en na gala colabora o Concello da Coruña, co patrocinio do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e a Fundación AISGE, e a colaboración da Axencia Audiovisual Galega, o Concello de Sanxenxo, o Padroado de Cultura do Concello de Narón, Gadis, Caixanova, a Fundación Autor da SGAE e a Cadena Ser Galicia. As categorías premiadas son: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, música orixinal, mellor adaptación-tradución, mellor escenografía, mellor actor secundario, mellor actriz secundaria, mellor actor protagonista, mellor actriz protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo.
O nome dos premios foi decidido por considerar que o prestixio desta actriz galega, ademais de merecer unha homenaxe, podería servir de promoción para o teatro galego.

María Victoria Casares Quiroga
maria_casares.jpg
María Casares

(A Coruña, 1922 -Francia, 1996) Foi unha actriz española que triunfou no exilio en Francia, onde residía por ser filla de Santiago Casares Quiroga, que fora Ministro e Xefe do Goberno da República durante o goberno de Manuel Azaña. En 1939, pouco antes da fin da Guerra Civil, acompañou ao seu pai ao exilio en Francia. Estudou interpretación no Conservatorio de París, en 1941.

Logo do seu primeiro papel profesional en La Celestina representou varias obras teatrais como O viaxe de Teseo (1943) de Neveux, O malentendido, Estado de sitio e Os xustos do escritor Camus e varias obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean Cocteau, Genet e Claudel, gañando o sobrenome de "musa do existencialismo francés".
Xa con certa fama gañada entra, en 1949, na Comédie Française e cinco anos mais tarde no Teatro Nazonal Popular. Así María Casares interpretaría papeis femininos (Lady Macbeth, María Tudor, Ana Petrova...) en obras de Shakespeare, Victor Hugo e Antón Chéjov, Eurípides entre outros.

No cine iniciouse cun papel secundario nunha película de Marcel Carné, Los niños del paraíso e pouco despois protagoniza Las damas del Bosque de Boloña de Robert Bresson. Jean Cocteau a dirixiu en Orpheo (1950) e se fixo moi popular, se ben en España foi silenciada. En 1975 adquiriu a nacionalidade francesa. En 1977 volveu a España para representar El adefesio de Rafael Alberti en Madrid e Barcelona. En 1989 conseguiu o premio Moliére á mellor actriz de teatro e foi nominada aos César. Recibiu en España a Medalla ao Mérito de Belas Artes. Obtivo o premio Segismundo da asociación de Directores de España; tamén se lle concedeu o título de filla predilecta da Coruña e a Medalla Castelao. En 1980 publicou un libro de memorias, Residente Privilegiada, e en 1996, María Casares aceptou que os premios de teatro de Galiza levaran o seu nome, pero a morte lle impediu asistir á súa primeira edición.


Principais autores e obras:

Xeración dos 80:



A finais dos anos 70 xorden compañías teatrais estables como Troula, Sarabela (1990, reproduciu obras como A esmorga, O lapis do carpinteiro ou O heroe), Matarile, Chévere (1987, renova o teatro grazas á influencia do pop e da comedia), Teatro do Atlántico, Teatro de Ningures, Teatro do Noroeste (1987), destacan obras como Unha rosa é unha rosa, Feirantes, A Celestina ou a derradeira Imperial café cantante no 2006 entre outros moitos ademais da creación do Centro Dramático Galego que fai tanto versións de clásicos como producións propias ( Agasallo de sombras, Daquel abrente, O ano do cometa e a derradeira do ano 2006 Illa Reunión e Medos) ademais tamén publica libros propios (Os libros do Centro Dramático Galego)
A xeración dos 80 é moi variada, de grande heteroxeneidade temática xa que non se fai exclusivamente teatro comprometido coa sociedade e este xa non ten o carácter belixerante de etapas anteriores, ademais os textos son moi líricos e simbólicos. Outras características do teatro dos 80 son o metateatro (o teatro dentro do teatro ou a interpretación da vida como unha representación teatral ao estilo de Shakespeare), a descripción da realidade a través de símbolos, o humor e o carácter irónico e a anonimia dos personaxes.


Xesús Pisón


Xesús Pisón
Xesús Pisón

Autor de teatro nado en Valadouro (Lugo; 1954). Era aínda moi mozo cando marcharía á Coruña, iniciándose na rama da pintura. Nesa mesma cidade, será onde presencie a súa primeira obra teatral, o que o levará a ingresar no grupo de teatro " Os cans ceibes" como actor, e que posteriormente lle farán levar unha dedicación á literatura dramática.
Durante os anos seguintes desenvolverá unha intensa actividade, tanto na rama da pintura, como na narrativa ou na poética. En 1980, entregará a súa primeira obra de teatro nos Cadernos da Escola Dramática Galega.
A partir desa data, Xesús Pisón, centrará a sua actividade literaria no teatro aínda que sen abandonar os outros xéneros.
Ademais tamén se deben destacar os ensaios sobre teatro e cultura.
Xesús Pisón recibiu diversos premios literarios entre os que destaca o Premio de teatro da EDG e o premio Rafael Dieste.
Este está máis interesado nos conflitos que nas comedias e ademais prefire coñecer os extremos do xénero dramático. A circunstancia faino parecer máis atípico do que é.
Nunha entrevista o propio autor deu a súa crítica sobre o seu teatro: “O que eu vexo nos directores é que hai poucas gañas de arriscar. O teatro que eu escribín desde Venenos para acá é un teatro que ten certos riscos: pode ser teatro ou pode ser cine, ou relato ou poesía, en calquera caso nace para ser feito no escenario, pero ninguén quere arriscar e ver como queda aquelo no escenario.”
Obras:
Publicou gran número de obras , máis de corenta, entre 1980 e 2005, entre as que salientan O xigante don Gandulfo, ¡Ei, Feldmühle!, A Vía Láctea, Como Jekyll e Hyde, Tatuaxes, Venus podre, Crisálidas, Terra Xenerosa, Arañeira, Venenos, Viva Peter Pan, Quero ser Hamlet, A Man Rota, Nós…,




Joãn Guisán

Guisán.jpg
Joãn Guisán
Joan Guisan dáse a coñecer como dramaturgo gañando dous premios a fins dos anos 70 coas súas obras “Crónica dunha amante feia” e mais “O vendedor de Janelas” , das que unicamente se publicou un fragmento da segunda, mais no que se poden apreciar xa algunhas das características de toda a súa produción dramática: a personificación de elementos da escenografía e a ironía. A primeira delas alcanza o cume en “Un cenário chamado Federico” (1985), ao se transformar o escenario no protagonista dunha historia de amor. Despois de doce anos de silencio obrigado, Guisan sorprendeu á critica e ao público coa publicación, en 1997, de Teatro para se comer.
A complexidade da obra e a súa acidentada xénese son explicadas polo autor no extraordinario exercicio de reflexión critica co que abre o volume, Prologo para se ler. Como nos menús tradicionais, a obra consta de “Primeiro prato: Sopa de legumes com ciúmes” , “Segundo prato: Dous caraçoes em molho de Lúa” e unha “Sobremesa: Frutas doutro tempo”; como apéndice o autor-cociñeiro ofrece “Entremeses e aperitivos á escolha”, que se poderían ofrecer entre prato e prato para facer boca, preparar o padal para os cambios de sabores e, ao tempo, preparar os cambios de escenografía. Esta contribución de Guisan a un menú de amor e desamor aparece adobiada co xogo do teatro dentro do teatro e a ironía. Nela asistiremos a un elegante baile de salón entre legumes, viaxaremos á lúa nunha carta de amor e seremos purificados cuns exercicios espirituais que nos obrigarán a pasarnos con pena a derradeira paxina do libro.


Raúl Dans

RaulDans.jpg
Raúl Dans
Raúl Dans
Mayor (A Coruña, 1964) é un dramaturgo, guionista e actor de dobraxe asi coma escritor nas emisoras de RNE e RCE, das que foi guionista de programas de ficción. Formou parte da Compañía Luís Seoane e actúa en montaxes escritos e dirixidos por Manuel Lourenzo. No ano 1988 protagonizou O mozo que chegou de lonxe de J.M. Synge, unha produción do C.D.G. dirixida por Mario Gas. Viaxará a Barcelona, onde se formará como autor teatral e guionista de cine en seminarios impartidos por José Sanchis Sinisterra, Robert Mc Kee, Simon Feldman...

Como guionista, escribe as curtametraxes Ondada, O Proceso e Exterior-día (Premios Obradoiro na Rúa 1997), e máis recentemente Fragmentos, guión de longametraxe subvencionado pola Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

É un dos autores teatrais máis destacados da chamada Xeración dos 90. As súas obras acadaron os máis destacados premios que se convocan na Galicia -o Álvaro Cunqueiro e o Rafael Dieste-, así coma, no ámbito da dramaturxia española, o Premi Born coa súa obra Derrota. O seu traballo non deixou de editarse desde que irrompeu no panorama literario, e Lugar, a súa peza máis sobranceira, foi publicada na Biblioteca 120 de La Voz de Galicia e representada polo Centro Dramático Galego.

Como guionista formou parte dos equipos de creación e escritura da meirande parte das series de ficción da TVG dos últimos tempos moi coñecidas como:
-Pratos Combinados.
-A vida por diante.
-A miña sogra e máis eu.
-Terra de Miranda.
-As leis de Celavella.

As súas obras máis importantes son:

-A Chamada. Editora 7 Letras, con tradución ao portugués de José Rubens Siqueira (Río de Janeiro, 2001) e Baía Edicións (A Coruña, 2002).
-Mantis, a misión, Cadernos de Teatro (A Coruña, 2002).
-Foreber, Revista Galega de Teatro, n° 22 (Vigo, 2000).
-Lugar, Edicións Xerais (Vigo, 1995), Textos do Centro Dramático Galego, IGAEM (Santiago de Compostela, 1999), Biblioteca Galega 120 da Voz de Galicia (A Coruña, 2002) e Caos Ediciones Digitales (Madrid 2005).
-O Señor das Tebras, Asociación de Autores de Teatro (Madrid, 2004) e Revista Casahamlet, n° 6 (A Coruña, 2004).
-Do outro lado, Revista Citania, n° 3 (Santiago de Compostela, 2000) e Tristram Editores (Lugo, 2004).
-Día da festa, Revista Casahamlet, n° 4 (A Coruña, 2002).
-Discreción total, Asociación de Autores de Teatro (Madrid, 2002) e diario Galicia Hoxe (24-III-05).
-Cita co diaño, Tristram Editores (Lugo, 1999).
-Derrota, Revista Escena (Barcelona, setembro de 1997) e Edicións Xerais (Vigo, 1999).
-Estrema, Edicións Xerais (Vigo, 1999).
-Matalobos, Colección de Textos Teatrais da Deputación da Coruña (A Coruña, 1993).
-Water look, Revista Ólisbos (Santiago de Compostela, 1990).

Teatro breve:

-A nena dos pés espidos, Revista Casahamlet, n° 8 (A Coruña, 2006).
-Parque Central, Revista Casahamlet, n° 7 (A Coruña, 2005).
-Punto franco, Asociación de Autores de Teatro (Madrid, 2001).
-Algo gracioso, Revista Casahamlet, n° 2 (A Coruña, 2000).
-O paso, Tristram Editores (Lugo, 1999).
-Mucha mierda, no volume colectivo Un sueño eterno editado pola VII Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos (Alicante, 1999).=

Xeración dos 90:

Nas dúas derradeiras décadas do S. xx nace en Galiza unha serie de acontecementos (mostras, festivais, premios editoriais, a creación do CDG (Centro Dramático Galego) que darán pulo á creación de novos autores galegos, uns relacionados co mundo dos escenarios coma Liño Braxe, Cándido Pazó ou Raúl Dans, e outros autores, como Miguel Anxo Murado, que non participan desa experiencia. Todos eles forman unha nova xeración que nacen nos sesenta e comezan a publicar nos noventa, e que son coñecidos como a “Xeración/Promoción dos noventa”. Preocúpanse de crear obras literarias de coidada estrutura, de fácil representación, cunha menor carga simbólica, o predominio da comedia e o recurso da intertextualidade.


M. A. Murado

MiguelAnxoMurado.jpg
Miguel Anxo Murado

Miguel Anxo Murado López nado en Lugo en 1965. É escritor, guionista de cinema e televisión.Licenciado en Xeografía e Historia, arqueólogo de formación, dedícase sen embargo profesionalmente á literatura.Gañaba a vida como reporteiro de guerra e viaxaba xunto con mais reporteiros e fotógrafos por todo o mundo. A partir de esas experiencias Murado escribía, relatos distorsionados e tremebundos sobre as contradicións e disparates que se producen en todalas guerras. As experiencias das que falábamos volcóunas sobretodo en Ruido. Relatos de guerra, centradas no conflito yugoslavo, un libro que correu de man en man entre los lectores fervorosos. Posteriormente publicou Fin de siglo en Palestina, considerado como o«Libro do año» pola Asociación Galega de Editores onde afonda nas brechas que abre a guerra na sociedade do momento
Con El sueño de la fiebre, obxecto de este comentario, Murado non se aparta totalmente da guerra, porque algún dos relatos ten como protagonista de fondo o conflito palestino, pero o fío condutor de estas historias é a febre, os estados febrís que sacan ao mundo da realidade e colócano nese grado de calentura na que se perde a nitidez para contemplar pero, ao mesmo tempo, descúbrenos realidades fantasmais latentes na nosa cabeza . Entre relato e relato e entre o real e o ficticio


En 1983, cando contaba só 17 anos, obtivo o premio nacional "Café Gijón" coa súa novela Metamorfosis benezianas. A partir de entón, escribiu toda a súa obra literaria en lingua galega, tocando practicamente todos os xéneros literarios: novela, relatos, poesía, ensaio ou teatro.
En paralelo co seu traballo literario, Murado desenvolveu durante anos un labor de guionista, polo que obtivo en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guionistas da Xunta de Galicia. Seus son os guións de películas do cinema español como La Ley de la Frontera ou Finisterre. En televisión, escribiu e realizou dunha ducia de documentais sobre Xeografía, Literatura e Política. Así mesmo, colaborou en varias series de televisión, entre elas as populares Pratos combinados e Mareas Vivas.

Por último, Murado ten desenvolvido unha actividade intermitente no campo do xornalismo. Desde hai case vinte anos é columnista habitual en diversos medios (El Mundo, Tempos, O Correo Galego, El Europeo, La Voz de Galicia..) e en 1991 e 1993 cubriu como reporteiro as guerras balcánicas. Tamén residiu varios anos en Oriente Medio, onde traballou sucesivamente para as Nacións Unidas, o Goberno da Autoridade Palestina e como correspondente de prensa. Na Autoridade ocupou os cargos de Xefe de Relacións Exteriores do Ministerio de Medio Ambiente palestino en Ramallah e do Ministerio Especial para Belén 2000, ademais de Oficial de Prensa adxunto ó Comité Executivo da OLP. No ano 2000 abandonou a administración palestina e traballou como correspondente da axencia de noticias Europa Press e de Radio France Internacional.
Actualmente reside en Xerusalén, onde é correspondente do diario español El Mundo.



Obra teatral (comedia):
  • A grande noite de Fiz (1992)

  • Historias peregrinas (1994).

para máis información: http://www.miguelmurado.com/

Cándido Pazó

candidopazo.jpg
Cándido Pazó

Vigo (Pontevedra) 1960. A súa actividade comeza en 1975 como actor de teatro, traballando nas Mostras de Rivadavia. Na súa formación non regrada cómpre salientar o seu paso pola Ecole Philippe Gaulier, en París, que acabará deixando moita pegada . Foi membro fundador da compañía viguesa A Farándula, traballando en tódolos seus espectáculos ata a disolución desta en 1983. Logo dunha etapa de actor en diversas compañías e no CDG (Centro Dramático Galego), en 1989 debuta como autor e director de escena con O merlo Branco (premio Xeración Nós de Teatro Infantil, 1989) peza representada pola súa compañía Tranvía Teatro. Desde entón é asíduo da escena galega, participando en varios foros sobre teatro, e impartiu seminarios e cursos de interpretación. Realizou posta en escena, adaptacións ou traduccións para diversas compañías galegas especialmente para Ollomoltranvia, (resultado da fusion da súa compañia con Ollomol) e o CDG (Centro Dramático Galego), traballando con textos propios ou de Roma Mathieu, Quico Cadaval, Suso de Toro, etc. Desde finais dos 90 participa como guionista en series de ficción para a TVG. Foi presidente da AAAG (Asociación de Actores e Actrices Galegos). Obtivo diversos premios María Casares, Max, Crítica Valenciana, Agapi, etc. como autor teatral, director de escena ou guionista.
En resumo: autor, director e actor ligado a varias compañías, é un autodidacta do teatro e escribiu, entre outras, O merlo Branco ( 1989); a colaxe textual Commedia, un xoguete para Goldoni ( 1993) ou O bululú do linier (1999).
Participou en algúns espectáculos como Bicos con lingua, A piragua ou Ñikiñake. Tamén foi actor de reparto nalgunhas series da TVG, como Pratos combinados ou Terras de Miranda.

  • Commedia, un xoguete para Goldoni (1993). O seu traballo máis célebre, estreado en Ribadavia coa compañía Ollomoltranvía. Premio Compostela 93 ao Mellor Espectáculo, Actor Protagonista e Direción, Premio da Crítica do País Valenciano ao Mellor Espectáculo 1995, Premio ao Mellor Espectáculo da Temporada 95-96 da AITA (Asociación Independiente de Teatro de Alicante).
  • Arroutadas (1983). En colaboración con Carlos Cermeño (guionista, director e escritor galego). Estreada en Vigo en 1984 pola compañía A Farándula.
  • O melro branco (1989). Estreada en Vigo en 1989 pola compañía Tranvía Teatro. Premio "Xeración Nós" 1989.
  • A mostro (1991). Estreada en Vigo pola compañía Tranvía Teatro.
  • O rei Nu, en colaboración con Quico Cadaval (1995). Estreada en Redondela no 1995 pola compañía Ollomoltranvía .
  • O Bululú do linier (1998). Estreada en Santiago en 1999 pola compañía Teatro do Adro. Publicada en castelán e como peza breve no volumen colectivo Al borde del área da coleción Teatro Español Contemporáneo da Diputación Provincial de Alicante. Publicada en galego na súa versión completa por Baía Edicións. Premio María Casares 2000 ao Mellor Texto Orixinal.
  • Xogos á hora da Sesta de Roma Mahieu, pola compañía Malbarate.
  • A Piragua (2007).
  • Os seus últimos traballos foron como actor de reparto en series da TVG como Avenida de América (2002), As leis de Celavella (2004), A vida por diante (2005) ou en Libro de familia (2006); en cine como Heroína, O lapis do carpinteiro (dirección: Antón Reixa); ou como narrador oral e monologuista.


Quico Cadaval

Ribeira (A Coruña) 1960
quico-cadaval.jpg
Quico Cadaval
Actor, director e adaptador teatral, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa. Comezou na interpretación teatral a fins dos setenta no Centro Dramático Galego, para, a mediados dos oitenta, fundar a súa propia compañía, “O Moucho Clerc”. Traballou en diferentes producións da televisión autonómica galega, así como en curtas e longametraxes. Continúa a traballar no audiovisual como actor e como guionista. Foi profesor de interpretación de "Operação Triunfo" (Portugal, 2003). Recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro. Ten asistido a cursos e seminarios relacionados coa interpretación, e tamén ten participado en reunións de especialistas en arte dramática.

Traballos que realizou:


  • A miña sogra e máis eu (2004) /formou parte da dirección.
  • Máxima audiencia (2004) / como actor.
  • Entre bateas (2001) / como actor.
  • Amor Serrano (1999) / como actor.
  • Apaga a luz (1999) / como guionista.
  • A rosa de pedra (1999) / como actor
  • Cabeza de boi (1996)/ como actor.
  • Matías,juez de linea (1995): traballou como actor de reparto na que foi o seu primeiro papel en castelán. Na obra interpreta a "El guardamarina"



Lino Braxe

linobraxe.jpgLino Braxe Mandiá naceu en Mugardos no 1962. Actor, director de teatro escritor e locutor prolífico.
Empezou no mundo da literatura e do teatro a principios dos oitenta para acabar decidindose polo último pesar de acadar varios premios de poesía coa Compañía Luís Seoane, actou en producións da Escola Dramática Galega, Centro Dramático Galego, Malbarate e outras, tamén actor de dobraxe e radio. A comezos dos 90 realiza prosa teatral e intervén como actor en diferentes obras. Tamén se ten dedicado á crítica e á investigación literaria, ademais de ser un dos fundadores da revista de pensamento “Luzes de Galiza” a mediados dos 90, ao tempo que dirixe a Fonoteca de Galicia. Ten realizado guións para programas da canle autonómica e series de ficción. Desde o ano 2000 participou na rodaxe de diferentes curtas e longametraxes en Galicia.Interpretou o papel de Andrés na teleserie Rías Baixas.
Recibiu varios premios como poeta, narrador e dramaturgo

Traballo como actor na TVG :

  • Mosteiros
  • Pratos combinados
  • Mareas vivas
  • Rías Baixas
  • Galicia exprés
  • A vida por diante

Traballo no cine:

  • Un café de ollos verdes, 1992 (mediametraxe)
  • Sen motivo aparente, 1994 (curtametraxe)
  • Afonía, 1996 (curtametraxe)
  • A mercería, 2000 (curtametraxe)
  • O trasto, 2002 (curtametraxe)

Filmografia:
  • Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (1991)
  • Un café de ollos verdes (1992)
  • Sen motivo aparente (1994)
  • Afonía (1996)
  • A noiva de medianoite (1997)
  • Rías Baixas (1999)
  • A Mercería (2000)
  • O váter susurra (2000)
  • O trasto (2002)
  • Autopsia (2003)
  • A vida por diante (2006)
  • Automóbil (2007)
  • Historia da arte (2007)
  • Valderrei (2007)

Manuel Lourenzo
Manolo Lourenzo
Manolo Lourenzo

Manuel Lourenzo nace en Ferreira do Valadouro (Lugo) no ano 1943. Dase a coñecer a inicios dos anos sesenta como autor dunha obriña titulada O moucho. Desde ese momento vai desenvolver unha intensa actividade como actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, traductor e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
Funda os grupos e compañías O Facho, Teatro Circo, Escola Dramática Galega, Compañía Luís Seoane, Elsinor Teatro e Compañía Casahamlet. Tamen participa en diferentes traballos para a radio, a televisión e o cinema. A nómina de obras publicadas e/ou estreadas por Manolo, ultrapasa os cincuenta títulos, entre elas podemos destacar as seguintes:






  • Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca.
  • Viva Lanzarote
  • A noite dourada de Mimí da Cora
  • O circo da medianoite

Polo seu labor como escritor e director teatral ten recibido innúmeros galardóns: Premio de Teatro Infantil O Facho, Abrente, Ditea, Cangas, Xeración Nós, Rafael Dieste, Premio Nacional de Literatura Dramática do Estado e o Pedrón de Ouro, entre outros.
Actualmente dirixe na Coruña, con Santiago Fernández, o estudio teatral Casahamlet.
Aquí unha pequena mostra do seu traballo do ano 2009



Andrea Porto Mato

Andrea Porto Mato
Andrea Porto Mato

Nada en Codeseda, A Estrada no ano 1989. A pesares da súa xuventude xa foi gañadora de diversos premios literarios, nas modalidades de teatro, poesía e relato.
É diplomada como Mestra da Educación Musical na USC. Durante estes últimos anos publicou os seus dous poemarios individuais cos títulos: Eco
in aeternam e SaLGada


Actualmente cursa a especialidade de Pedagoxía da Linguaxe e da Educación Musical en Vigo.
Alumnos da xa mencionada escola, CasaHamlet, montaron una peza dela co título de Natación para todos.
Alumnos CasaHamlet, Natación para todos
Alumnos CasaHamlet, Natación para todos













Podemos citar os seguintes premios:
  • Gañadora do XV Premio de Poesía O Grelo no 2009
  • Gañadora da XIV edición do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía